Traductor

venres, 17 de abril de 2020

Coronavirus: explicación, conto e xogo.

Xa levamos moitos días sen saír da casa! Os nenos/as oíron que é por culpa dun virus, chamado “Coronavirus”, que anda solto por todos os países do mundo. Por esa razón, todos e todas debemos quedar cada un na nosa casa.

Se queres que comprendan mellor que é o coronavirus, propoñemos que vexan o seguinte vídeo:


Ademais, a raíz deste virus creáronse algúns contos que poder contarlle aos nenos/as. Entre eles, un conto dun neno moi enxeñoso que descubre como combatelo.


Para os máis pequenos/as, propoñemos o seguinte xogo. Unha estupenda idea de “Happy learning” que nos ensina como combater o virus e adquirir hábitos de hixiene persoal á vez que xogamos! 


Pasos do xogo:
1. Debuxamos “Coronavirus” en ambos lados das mans con  pintura corporal, maquillaxe ou calquera pintura que non prexudique a pel.
2. Unha vez debuxados, hai que conseguir eliminar os virus lavándonos moi ben as mans con auga e xabón.
3. Ao rematar de lavalas, conseguimos un punto por cada “Coronavirus” que consigamos eliminar!


Sorte a todos e todas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario