Traductor

martes, 21 de abril de 2020

PRAXIAS I

As praxias orofaciais son movementos da lingua, labios, meixelas, etc. que facilitan a mellora da axilidade e coordinación necesarias para falar de forma correcta, é dicir, axudan á mellora da fala.

Estes exercicios deben ter unha duración curta, non máis de 5 minutos ao día, para evitar tanto o cansazo e desmotivación como a fatiga muscular.

A continuación, deixámosvos algúns videos para que poidades realizar cos nenos/as á vez que eles se divirten!
  • Ejercicios motores diarios” de Trillis4kids


  • Praxias infantiles - Peppa Pig” de Logopedia de Irene.




  • Praxias y movimientos orofaciales” de Logopedia de Irene.




Ánimo e a mover a lingua!


Ningún comentario:

Publicar un comentario