Traductor

venres, 22 de maio de 2020

Actividades interactivas

Hoxe compartímosvos unhas magníficas actividades interactivas elaboradas por Crisálida. Estas actividades son moi sinxelas e intuitivas para os nenos/as e teñen un formato motivador para que se divirtan mentres aprenden. Cada actividade está composta por varios minixogos nos que se traballan diferentes aspectos: vocabulario, conciencia fonolóxica, lectoescritura, comprensión, etc. 
A continuación, atoparedes as diferentes actividades ordeadas da máis sinxela á máis complexa. O título levaravos ao enlace de descarga.
“NUESTRO CUERPO” 
A actividade conta con cinco minixogos para aprender as partes do corpo: vocabulario, repasa, escoita e elixe a parte do corpo, escoita e toca a parte do corpo e ordear de máis novo a máis ancián.
“LOS MEDIOS DETRANSPORTE”
Esta actividade conta con 5 minixogos relacionados cos medios de transporte: aprende, repasa, colocar por onde circula cada medio de transporte, memoriza: escoitar e poñer en orde os medios de transporte e clasifica: seleccionar as imaxes do campo semántico dos transportes.

Esta actividade conta con 5 minixogos relacionados coas froitas e verduras:
  • Vocabulario. Escoitar a palabra e pulsa na imaxe correcta.
  • Conciencia silábica. Contar as sílabas de cada palabra.
  • Lectura. Seleccionar a palabra que está escrita correctamente.
  • Rimas. Relacionar a palabra coa imaxe coa que rime.
  • Comprensión oral: Escoitar a descrición e elixir.
Neste xogo o Pirata Patapalo roubou o tesouro e escondeuno nunha illa. Os nenos/as deberán ir a buscalo seguindo un mapa dividido en 5 etapas:
  • A costa: Coller as estrelas que comecen pola letra que nos piden.
  • Isla Calavera: Coller as formas que acaben pola letra que piden.
  • El volcán encantado: Contar as sílabas e salta á pedra.
  • La cascada: Pescar o peixe que comece coa sílaba correspondente.
  • La tribu: Ofrecer ao Deus o obxecto que remate pola sílaba.


A actividade conta con cinco xogos divididos en 5 casetas nas que se traballará a conciencia fonolóxica.
  • Caseta 1. Pinchar o globo que comece pola letra do cartel.
  • Caseta 2. Contar as sílabas e darlle ao pallaso que teña ese número.
  • Caseta 3: Xirar a noria e dicir unha palabra que teña esa sílaba.
  • Caseta 4: Pescar o pato que conteña a sílaba final do debuxo.
  • Caseta 5: Xirar a ruleta e dicir unha palabra que remate pola mesma sílaba.

¿Como utilizalas?
  • É necesario ter instalado no ordenador PowerPoint (paquete de Office) xa que non é compatible con outros formatos.
  • O enlace levaravos a un documento en Google Drive. Para que funcione correctamente hai que descargar o documento no ordenador.
  • Unha vez descargadas abrimos o arquivo e... 


¡a xogar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario