Traductor

mércores, 3 de xuño de 2020

Captura o peixe: fonemas.

Hoxe compartimos con vós un xogo de elaboración propia: Captura o peixe! Este material é unha adaptación do xogo popular “Hundir la flota”. 
O material componse de catro taboleiros de xogo, dous por xogador/a,  coas súas respectivas fichas.













¿Que traballaremos?
A partir deste xogo traballaremos a articulación de fonemas. Especificamente dos fonemas: R vibrante, R suave e S.
¿Como xogar?
1. Imprimir o documento PDF a unha páxina por folla. A primeira páxina será necesario imprimila dúas veces. 

2. Recortar o “Taboleiro 2” e os peixes (Páxina 2 do PDF).

3. Estamos listos para xogar! Cada xogador debe ter o
“Taboleiro 1”, “Taboleiro 2” e os animais: unha tartaruga, unha foca, dous golfiños e unha balea.

4. No taboleiro 2 marcaremos con lapis onde se atopan os nosos peixes (Sapoconcho: 1 cadrado; foca: 2 cadrados; golfiño: 3 cadrados e balea: 4 cadrados).

5. Por quendas daremos coordenadas, primeiro da columna vertical e, despois, da horizontal. Exemplo: loro, piruleta
  • Se non hai peixe dicimos: NON
  • Se nese cadrado hai unha parte dun peixe dicimos: PEIXE! Neste caso seguimos xogando.
  • Cando se atopan todos os cadrados que ocupa un peixe dicimos: CAPTURADO!
6. Cada peixe do rival que capturemos colocámolo sobre o “Taboleiro 1”. Gaña o xogador que antes capture tódolos peixes.


A continuación atoparedes os xogos “CAPTURA O PEIXE” que poderedes descargar tanto en galego coma en castelán:
Fonema S: CASTELÁN(1) / GALEGO(2)
Fonema R suave: CASTELÁN(3) / GALEGO(4)
Fonema R: CASTELÁN(5) / GALEGO(6)

-DESCARGAR XOGO-

Ningún comentario:

Publicar un comentario