Traductor

mércores, 17 de xuño de 2020

Tabú de fonemas

Hoxe presentámosvos o TABÚ de fonemas. Este xogo está elaborado polas mestras de AL, baseándose no “Tabú pictográfico” de Raúl García Bravo publicado en Arasaac.

O tabú esta deseñado para o traballo de catro fonemas diferentes: /s/, /z/ e /r/ forte e suave. Con este xogo, tamén se traballa a expresión oral e escrita, a atención, o razoamento lóxico e a memoria cos nenos/as. Ademais, emprega pictogramas de Arasaac para facilitar a comprensión e axudar a adquirir o vocabulario.


Ao final da publicación, atoparedes un enlace para descargar un total de oito Tabús, catro en castelán e catro en galego.
  • TABÚ S: castelán (1) - galego (2)
  • TABÚ Z: castelán (3) - galego (4)
  • TABÚ R suave: castelán (5) - galego (6)
  • TABÚ R forte: castelán (7) - galego (8)

PREPARACIÓN DO XOGO
Neste caso deberedes imprimir o Tabú que vos elixades. Recomendamos plastificalo ou poñerlle forro adhesivo antes de recortar as tarxetas para maior duración do xogo.

COMO SE XOGA
Pódese xogar en grupo ou por parellas.
O primeiro xogador sacará unha tarxeta ao azar. Este deberá tratar de que os outros adiviñen a palabra que aparece nesa tarxeta, facendo unha descrición, ou dando pistas sobre ela. 
NON poderá dicir esa palabra, nin empregar nunca as dúas palabras que aparecen cos pictogramas encadrados en vermello, están prohibidas!. En caso de utilizar unha desas palabras non se consegue o punto e tócalle ao seguinte xogador/a.
Cada vez que un xogador/a acerta unha palabra lévase un punto. O xogo remata cando algún dos xogadores consiga 10 puntos.



Esperamos que vos guste e que o desfrutedes moito durante o verán! 
Como afirmaba Francesco Tonucci: 
-“Todos los aprendizajes más importantes de la vida se hacen jugando.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario