Traductor

mércores, 29 de abril de 2020

Xogo da Oca Humana

Querémosvos amosar este Xogo da Oca Humana, que nos presenta Encarni Mindez Verdejo na páxina de Arasaac e pareceunos moi divertido para traballar diversos aspectos da linguaxe en familia á vez que os nenos e nenas o pasan moi ben!
Ofrécense dúas ocas como modelo:

  • OCA I: Unha sinxela para os nenos/as máis pequenos con actividades de motricidade grosa e onomatopeas de animais. Apórtanse tamén as Instrucións.



  •   OCA II: Outra para nenos/as máis maiores, que inclúe adiviñas, imitación de xestos e categorías. Apórtanse as instrucións e o vocabulario de accións, animais e obxectos.



Desenvolvemento do xogo:
Teredes que imprimir as casillas en tamaño grande e distribuílas por todo o chan da habitación ou da sala.
As fichas serán os propios xogadores e necesitaredes un dado, canto máis grande mellor, que pode ser con números en vez de con puntos.
O xogo consistirá en ir tirando o dado e cando o xogador caia nunha casilla terá que realizar a acción que se lle indique. A continuación tirará outro xogador, e así sucesivamente. Gañará o que chegue antes á meta.

HISTORIAS SOCIAIS




COMO CREAR UN TRIVIAL PARA MELLORAR AS HABILIDADES SOCIAIS

Esta é unha proposta creada polo blogue El sonido de la hierba al crecer, con pictogramas de Arasaac. 

O primeiro que debedes facer é descargar o taboleiro neste enlace. Taboleiro feito por Montserrat González.






Aquí tendes un exemplo en imaxes de como quedarían as tarxetas que tendes para imprimir no enlace.

Dado de oito caras (deberás colorear cada cara dunha cor).
    


Podedes utilizar tapóns de botellas coas cores das categorías para os queisiños e recipentes de plástico para facer as cestiñas.  




Como calquera trivial está composto por oito  categorías diferentes:
1.-Tarxetas de cor laranxa categoría Ben ou mal (Trabállase conduta).
2.-Tarxetas de cor azul clariño Creaconversa. (crear historias, inventar un final...).
3.-Tarxetas de cor azul escuro categoría emocións (para coñecer os propios sentimentos e os dos demais).
4.-Tarxetas de cor vermella Solucionando. (Resolución de problemas/planificación).
5.-Tarxetas de cor verde Podo soliño (trabállase coidado e autonomía persoal).
6.-Tarxetas de cor marrón Dobre sentido (trabállanse expresións feitas, linguaxe figurado).
7.-Tarxetas de cor lila Acertando. (trabállanse contrarios, adiviñas, absurdos, rimas...).

8.-Tarxetas de cor amarelo Buscapalabras.   

Para ver as tarxetas  preme aquí

Veña animádevos a xogar!

martes, 28 de abril de 2020

Apps lectoescritura I

Aos nenos/as encántalles a tecnoloxía: móviles, tabletas, ordenadores... Por iso, podemos aproveitar todos estes recursos para mellorar unha habilidade moi importante, a lectoescritura.

A continuación encontraredes unha lista de algúns xogos e aplicacións gratuítas para Android. Inclúense tanto apps de iniciación á lectoescritura como para nenos/as de últimos cursos de primaria.

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA:

LEO CON GRIN: APRENDER A LEER (Android y IOS). 

Grin acompañará aos nenos e nenas en divertidas misións coas vogais e consoantes para que melloren a lectura dunha maneira moi entretida. Contén 13 misións con cada letra, todas elas con dous niveis de dificultade. Ademais, tamén contén unha sección de grafomotricidade para iniciarse na escritura.



EL TREN DEL ALFABETO DE LOLA
Neste xogo os nenos/as desfrutarán con Lola e o seu tren á vez que aprenden o alfabeto e novas palabras. Contén catro minixogos e o alfabeto en maiúsculas e minúsculas. Os nenos e nenas avanzarán en lectura e escritura mentres se divirten xogando con Lola!


APRENDO A LEER. SILABARIO
Este xogo axuda a mellorar a lectura a través de niveis progresivos. Comeza coas vogais, despois primeira sílaba da palabra e aumenta o nivel de dificultade á vez que o neno/a avanza nos seus coñecementos.


LECTOESCRITURA:

BÚSQUEDA DE LA PALABRA
Nesta app atoparedes sopas de letras con varios niveis de dificultade polo que é apta para todos/as nenos/as. Ademais, permite seleccionar diferentes temáticas: animais, flores, alimentos, emocións, etc.

PALABRAS CRUZ
É un xogo de encrucillados que pode resultar un desafío para os nenos/as á vez que melloran a escritura e aumentan o vocabulario.

PALABRA CORRECTA
Esta  aplicación está pensada para os nenos/as máis maiores. Permite 6 modalidades de xogo: gramática, arma palabra, sinónimos, antónimos, combinado y “trivia cultural”. Con esta app aprenderán coñecementos de gramática mentres se divirten xogando!.


luns, 27 de abril de 2020

ARTICULACIÓN DE FONEMAS

A continuación presentámosvos unha serie de tres vídeos sacados do canal de YouTube de Eugenia Romero, onde nos amosa como se poden aprender a pronunciar varios fonemas. Neste caso, os fonemas S, Z e R.

·         Aprendo a articular la S:



  • Aprendo a articular la Z:
   
·         Aprendo a articular la R:



domingo, 26 de abril de 2020

EMOCIÓNS




As emocións, tan importantes no noso día a día, e mais neste estado de confinamento.
Aquí vos deixamos unha iniciativa de Palabras Aladas. Regalan o libro Amar (pdf)
Sería estupendo, que unha vez lido, anotedes palabras clave e as peguedes na parede da casa, nas ventás... dándolle frondosidade a vosa árbore do amor. Unha árbore na que esconderse en ciscunstancias de enfado, tristura, e ante a que compartir momentos reconfortantes. 
Ideal para facer cos vosos fillos!
https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_

O emocionario describe, con sinxeleza, corenta e dous estados emocionais para aprender a identificalos e, así, poder dicir o que realmente sentimos.


"PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR"


Anímate a xogar! 
Catro divertidos xogos para que coñezas as diferentes emocións.





Preme no enlace:



O DADO DAS EMOCIÓNS
Vamos a construír un dado no que cada cara represente unha emoción distinta. Aquí vos deixamos o enlace.




Despois de imprimir, recorta, plastifica, pega e crea un dado para traballar as emocións.
En orde vaise tirando o dado. Estas son algunhas das ideas ás que podes xogar:
-Tira o dado e xoga a que nomeen a imaxe.
-Tira o dado e xoga a que reflexen a imaxe no seu rostro.
-Tira o dado e pide que expliquen un evento onde se houbesen sentido así.
-Colle un set de animais ou personaxes e pide que unan ese personaxe ou animal a unha emoción e actúen.

sábado, 25 de abril de 2020

Saímos de paseo

Parece que vai chegando o día, por fin mañá, domingo 26 de abril, poderá saír do seu encerro a rapazada menor de 14 anos. Sen embargo, esta saída terá que cumprir os requisitos recollidos na seguinte infografía do Ministerio de Sanidade:

As nosas fillas e os nosos fillos, despois de todo o tempo que levan confinados, poden estar experimentando un contraste de sensacións e emocións, ante esta saída, aos que nós temos que estar atentos. Deixamos aquí unhas reflexións realizadas por Álvaro Bilbao, que pensamos é importante ter en conta:

Podedes atopar máis consellos para a saída premendo aquí.

Ánimo, xa vai quedando menos!

venres, 24 de abril de 2020

XOGO: Tabú coronavirus.

A todos/as nos encantan os xogos e aínda nos gustan máis se son en grupo. Aquí tendes unha divertida proposta para pasar unha tarde entretida.

A continuación, atoparedes unha adaptación do xogo Tabú elaborada por Amparo RuízCon este xogo trabállase a expresión oral, vocabulario e relación de ideas á vez que nos divertimos en familia.

O xogo consta das instrucións que se amosan a continuación e 30 tarxetas (non é necesario imprimir):


¿Como xogar? Teredes que descargar os PDF que se amosan a continuación nun dispositivo móbil ou tableta. Serán necesarios dous dispositivos, un para descargar o PDF dun equipo e outro para o PDF do outro equipo

PDF EQUIPO 1:

Lede atentamente as instrucións e a desfrutar xogando!

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA I

Gustaríanos compartir con vós un xogo para traballar a discriminación auditiva de palabras, para realizar con nenos que teñan dificultades para diferenciar auditivamente entre dous sons, tales como P/B, D/T, R/D, R suave/R forte, S/Z. 
O xogo denomínase "Tum, tum, ¿quién es? ¡Abre la muralla!", unha idea aportada polo blog Aula de pt.

Para elo soamente necesitaredes unha caixa de cartón, por exemplo, das de cereais.
Explicación do xogo:
·        Coa caixa de cereais construídes unha torre dunha muralla. Nela debuxades e recortades unha porta e varias fiestras. Podedes tomar como referencia a da imaxe. Por outra banda precisades tamén unha bandeira pintada coas cores que máis vos gusten.
·        Na parede da muralla pegades unha cartulina co son que nese momento escollades para xogar, por exemplo, o R.
·        Nunha das fiestras colocades a bandeira, de tal xeito que indique quen pode entrar ou non na torre da muralla.
·        O neno/a terá que ir dicindo as palabras e decidindo se poden entrar ou non (soamente entrarán as que leven dito son). De cada vez irase dicindo “Abre a muralla!”.
·        Ao final da partida facemos reconto oral das que entraron e das que non. Dese xeito reforzamos as palabras traballadas.

No seguinte enlace atoparedes as imaxes das seguintes parellas: P/B, D/T,
R/D, S/Z e R forte/ R suave. Podédelas descargar en galego ou castelán.
- INFANTIL: P/B e D/T xa que só terán que discriminar o son polo que empeza a palabra.
- PRIMARIA: R/D, S/Z e R forte/ R suave. 


Adestramos a nosa atención



A atención é como unha lanterna, axúdanos a ver o que enfocamos. Se estamos nunha habitación ás escuras e alumamos cunha lanterna, só poderemos ver a parte que esta ilumina. Do mesmo xeito, cando centramos a nosa atención sobre o que hai que facer, estamos axudando aos nosos ollos a iluminar o que buscamos.




Igual que os músculos do noso corpo se poden exercitar e fortalecer cuns exercicios específicos, tamén podemos adestrar a nosa atención, centrando os nosos sentidos segundo necesitemos: ver, escoitar, saborear, ulir ou sentir uns estímulos sobre outros.

Para adestrar a vosa atención, deixámosvos algunha proposta:
  • Estando nunha habitación onde poida haber moito barullo, Intentade centrar os vosos oídos nunha única voz, intentando seguir o que di.
  • Cando compartades o xantar coa vosa familia, e metades un anaco de comida na boca, intentade descubrir os distintos sabores que tedes na boca.
  • Mirando pola ventá da vosa casa, intentade diferenciar entre os distintos obxectos ou cousas que vedes.
  • Recorrede a vosa casa en busca de distintos olores: xabón, colonias, comidas, lixo, ...
  • Facede unha lista coas cousas que vos fan poñer a pel de galiña: cóxegas, frío, un esbirro, ...

No seguinte enlace deixámosvos unha recompilación de fichas (recollidas de Orientación Andújar) para axudar ao voso cerebro a adestrar a atención:
Por último, é moi importante ter presente os seguintes pasos na resolución de calquera tarefa:
  1. Saber/entender o que se pide.
  2. Pensar na súa solución
  3. Solucionalo
  4. Revisar a solución

mércores, 22 de abril de 2020

Día da Terra 2020


Hoxe celébrase o día da Terra. Parece que desde que estamos confinados nas casas, os elementos naturais das nosas paisaxes foron recuperando os seus espazos: aire máis limpo, animais salvaxes  con maior liberdade de movemento, ...

Para celebrar este día, Google dedicou o seu doodle ás abellas, ese pequeno insecto colorido que nos resulta tan beneficioso. 
Ao longo do día de hoxe, cada vez que entremos en Google e premendo enriba do doodle, podemos axudar a unha delas a recoller o pole das flores e facer que florezan outras ao seu paso. Animádevos a xogar!

Anímovos tamén a coller unha semente que teñades na casa: unha pebida de mazá, unha lentella, un garavanzo, ... e sementala. Necesitaredes: un vaso dun iogur, un anaco de algodón, a semente e un pouquiño de auga.
Mollade un pouco o algodón coa auga, colocádeo no vaso do iogur coa semente; poñédeo onde reciba claridade e a esperar...
Asegurádevos que que o algodón se manteña lixeiramente mollado. 
Observade a semente todos os días para ver a súa evolución.
Cando isto pase e poidamos saír das nosas casas, poderemos axudar á Terra, plantando o que conseguimos xerminar na casa.

Aprendemos idiomas!

Son moitas as cousas que boto de menos agora que non podemos ir ao cole, pero sen dúbida a que máis é esperarvos na porta de entrada e recibir os vosos saúdos matinais. Así que propóñovos un reto, consiste en aprender a dicir “bo día” no maior número posible de linguas.

Nos seguintes vídeos, tedes o punto de saída para comezar o reto:



martes, 21 de abril de 2020

HABILIDADES SOCIAIS


HABILIDADES SOCIAIS

Que son as Habilidades Sociais?



"A PONTE" unha divertida curta para aprender a solucionar conflitos
                   
                 

         
 Aquí vos deixamos un enlace con distintas fichas para traballar Habilidades Sociais.






DESEÑA O TEU MONSTRO!


Como se xoga?
Xogar é moi sinxelo. Tira un dado para que o azar decida como será o corpo, os ollos, a nariz, a boca, as orellas e a cor do teu monstro.
Se non tes dado na casa, poderedes descargar uns dados para móviles e táblets (descargar en Play Store).




Como estimular a linguaxe?
A elaboración do debuxo permite traballar a linguaxe oral. A medida que se vai creando o monstro o/a neno/a deberá verbalizar as partes do corpo, a súa forma, a súa cor... Vos podedes axudarlle facéndolle preguntas do tipo ¿Qué che toca debuxar agora?, ¿Qué crees que pode facer con esas boca?, etc.


No seguinte enlace poderedes descargar o xogo:

Material elaborado por Crisálida 


SOPRO I

Nos nenos/as pequenos/as os exercicios de sopro son útiles para axudar a que sexan conscientes do acto de respirar e a entrenar os músculos que participan na fala. 
Por iso, tamén deberán realizarse cando aparecen dificultades na linguaxe oral.

O primeiro que deberemos explicar aos nenos e nenas é que a respiración consta de tres fases:
      1ª : Coller o aire ou inspiración - deberá ser sempre polo nariz.
      2ª : Reter o aire uns segundos.
    3ª : Expulsión do aire ou espiración- deberá ser pola boca.

Aquí vos presentamos algún exemplos de actividades sinxelas e divertidas que poderedes realizar cos vosos fillos e fillas empregando materiais que podemos atopar pola casa.

1- Coloreamos soprando! Para isto será necesario: papel, unha palliña e témpera. No caso de non ter cores na casa, pódese utilizar auga con colorante sobre unha cartolina. 
A continuación, deixámosvos a plantilla de “Rincón de una maestra” que poderedes descargar e imprimir. 


  2- Creamos un dragón!. Primeiro cun rolo de papel hixiénico debemos crear o noso dragón. Non vos olvidedes dos ollos, do nariz e, por suposto, do lume. O lume debe ser dun material que o neno/a poida mover con facilidade ao soplar como tiras de papel, fio, etc.


  3- Mover obxectos de papel utilizando unha palliña 
Agora imos practicar a succión. Esta actividade consiste en pescar a maior cantidade de peixes posibles. 
Para elo teredes que imprimir o documento que vos presentamos, pintar os peixes e despois recortar os círculos.
Cunha palliña o neno/a terá que ir succionando e collendo o maior número de círculos posibles para metelos na peceira.
Ata podedes facer un concurso familiar a ver quen consegue meter máis peixes na peceira!
No seguinte enlace podedes descargar o xogo (Sopro I):
https://drive.google.com/drive/folders/1rX2fDZr8X5otgHQtZx-ajqqIsRPzNur1

  4- Xoguete con material reciclado.
Eugenia Romero explícanos nun vídeo no seu blog como facer un xoguete de sopro empregando materiais reciclados. Para elo soamente precisamos:
·         unha botella de plástico de auga baleira.
·         unha palliña flexible,
·         tesoiras,
·         boliñas de papel ou unha pelota lixeira.

Procedemento:
1- Primeiro cortamos a parte superior da botella para facer un embudo.
2- Facemos un burato ao tapón do tamaño da palliña.
3- Acortamos os extremos da palliña.
4- Introducimos a palliña polo burato e colocamos a pelota dentro. Se non tendes unha pelota que pese pouco, podedes empregar unha bola de papel.