Traductor

venres, 17 de abril de 2020

CONTOS VISUAIS

A organización Aprendices Visuales ofrécenos 20 contos con pictogramas coa posibilidade de descarga tras realizar un rexistro gratuíto. Estes contos están especialmente enfocados para o alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria. 

Os diferentes títulos da colección están orientados ao traballo da autonomía persoal: autocoidado, rutinas e emocións. Ademais a súa lectura fácil facilita os primeiros pasos da lecto-escritura.

Para acceder aos títulos hai que premer no seguinte enlace: 

Ademais a Fundación Orange apoia esta colección de contos de José Aprende, e ponos á nosa disposición a través dunha aplicación interactiva, que se pode descargar tanto para dispositivos Android como dispositivos IPhone e IPad.

Ningún comentario:

Publicar un comentario