Traductor

venres, 19 de xuño de 2020

"Check list" vacacións de verán.

Os vosos fillos e fillas están a piques de comezar as vacacións de verán. Durante o verán terán tempo para xogar, pasear, descansar e tamén sería bo que adicaran algún ratiño a facer algunha tarefa.  Por iso, as mestras de PT e AL deste centro, queremos propoñervos esta actividade.
Presentámosvos dúas listas de tarefas divertidas. Porque non, as tarefas non teñen porque ser aburridas!. Unha delas con 11 retos para conseguir durante o verán e a outra cunha chea de actividades para non aburrirse. 


O obxectivo dos nenos/as este verán será intentar cumprir toda a lista, por suposto, a veces precisarán a vosa axuda. A medida que o vaian conseguindo poden marcalo na“Check list”. 
Poderedes elixir un deles, ou tratar de facer os dous! Seredes capaces de completalas antes de que chegue setembro?
Esperamos que teñades un feliz verán!

xoves, 18 de xuño de 2020

Xogos para a casa

Imos a propoñervos agora varios xogos:


Trátase dun xogo moi divertido e dinámico para xogar na casa  cos/as vosos/as fillos e fillas, que nos presenta Victoria Bermejo González, empregando os pictogramas de Arasaac.

Con este xogo fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e todo o que vos queirades, dependendo das probas que escollades para os/as vosos/as nenos/as.


Neste caso primeiro teredes que preparar as probas. Despois imprimir o pdf, e ter os materiais listos antes de empezar a xogar.

1º Que o/a neno/a escolla o premio, que os papás esconderedes, por exemplo, debaixo da cama, ou noutro lugar.

2º Prepararedes 4 probas que deberá pasar. Por exemplo, unha proba de escritura, outra de lectura de palabras, outra de pintar, unha proba de psicomotricidade, un puzzle, unha manualidade, un memory, …

3º Podemos disfrazar ao/a neno/a de pirata para darlle máis credibilidade, poñéndolle simplemente un pano na cabeza, un parche nun ollo, ou algún outro accesorio similar.

Aportámosvos un pdf coas instrucións e os pictogramas explicativos do xogo. Premede no título para baixalo.


Con este segundo xogo  fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e a comprensión lectora.




Está sacado do blog de caperucitafucsia. Consiste en 30 tarxetas nas que aparecen distintos retos con diferentes niveis de complexidade, nos que se irán repasando conceptos como cores, formas, letras, tamaños, …
Podedes plantexalo do seguinte modo: a medida que vaian acadando retos, por exemplo, cada cinco retos acadados, ou cada dez, irán gañando puntos para chegar a un premio final, que podería ser un pequeno xoguete, un paseo, un xeado, un postre que lles guste, …

Premede no título do xogo para baixalo.

mércores, 17 de xuño de 2020

Tabú de fonemas

Hoxe presentámosvos o TABÚ de fonemas. Este xogo está elaborado polas mestras de AL, baseándose no “Tabú pictográfico” de Raúl García Bravo publicado en Arasaac.

O tabú esta deseñado para o traballo de catro fonemas diferentes: /s/, /z/ e /r/ forte e suave. Con este xogo, tamén se traballa a expresión oral e escrita, a atención, o razoamento lóxico e a memoria cos nenos/as. Ademais, emprega pictogramas de Arasaac para facilitar a comprensión e axudar a adquirir o vocabulario.


Ao final da publicación, atoparedes un enlace para descargar un total de oito Tabús, catro en castelán e catro en galego.
  • TABÚ S: castelán (1) - galego (2)
  • TABÚ Z: castelán (3) - galego (4)
  • TABÚ R suave: castelán (5) - galego (6)
  • TABÚ R forte: castelán (7) - galego (8)

PREPARACIÓN DO XOGO
Neste caso deberedes imprimir o Tabú que vos elixades. Recomendamos plastificalo ou poñerlle forro adhesivo antes de recortar as tarxetas para maior duración do xogo.

COMO SE XOGA
Pódese xogar en grupo ou por parellas.
O primeiro xogador sacará unha tarxeta ao azar. Este deberá tratar de que os outros adiviñen a palabra que aparece nesa tarxeta, facendo unha descrición, ou dando pistas sobre ela. 
NON poderá dicir esa palabra, nin empregar nunca as dúas palabras que aparecen cos pictogramas encadrados en vermello, están prohibidas!. En caso de utilizar unha desas palabras non se consegue o punto e tócalle ao seguinte xogador/a.
Cada vez que un xogador/a acerta unha palabra lévase un punto. O xogo remata cando algún dos xogadores consiga 10 puntos.



Esperamos que vos guste e que o desfrutedes moito durante o verán! 
Como afirmaba Francesco Tonucci: 
-“Todos los aprendizajes más importantes de la vida se hacen jugando.”

martes, 16 de xuño de 2020

Contos con fonemas

Ofrecémosvos unha colección de 18 contos en castelán creados por Santiago  Rodríguez Montes, e recompilados na páxina de Orientación Andújar, para traballar cada unha das consoantes do alfabeto. Primeiro aparece o conto cunha ilustración e ao final a letra para repasar en maiúscula e minúscula.

Con eles estaríamos traballando a lectura, a comprensión oral e escrita, a motricidade fina, e o vocabulario.

Tendes o enlace ao pdf de cada un no propio título.
Serían os seguintes:

LETRAS
TÍTULOS
1
B
2
C
3
CH
4
D
5
F
6
J
7
L
8
LL
9
M
10
N
11
Ñ
12
P
13
R
14
S
15
T
16
V
17
X
18
Z


“Lee y conducirás, no leas y serás conducido”. Santa Teresa de Jesús.

luns, 15 de xuño de 2020

Manualidades para os máis pequenos!

Xa estamos na recta final do curso, e a veces con poucos materiais que temos na casa, podemos inventar divertidos xogos para os máis pequenos, que os terán entretidos un rato.
Unha idea que vos propoñemos é a creación de quebracabezas con material caseiro. Os quebracabezas teñen un montón de beneficios, entre eles caben destacar:

·         Desenvolven a memoria visual.
·         Desenvolven a concentración.
·         Reforzan o pensamento lóxico.
·         Estimulan a habilidade espacial e matemática.
·         Melloran as habilidades motrices.
·         Ensinan autocontrol, relaxación e reflexión.
·         Mellora a autoestima e a creatividade.
    
 QUEBRACABEZAS PIZZA


Para realizar este quebracabezas, só necesitades un cartón, que cortaredes de forma redonda, para decoralo podedes usar calquera tipo de material. O da imaxe está elaborado con témperas sólidas que secan moi rápido e son fáciles de limpar e gomets. Unha vez que a pizza estea lista, non tendes máis que cortala en cachiños, e a intentar formala de novo!.

QUEBRACABEZAS DE FORMAS XEOMÉTRICAS



Cun cartón e cinta decorativa facemos un cadrado, nese cadrado debuxamos distintas figuras xeométricas que pintaremos de distintas cores. Por último toca recortar as pezas, e a xogar!

O XOGO DE ENCESTAR A BOLA

Como facer un xogo divertido cunha botella reciclada. (Premede no vídeo)
Materiais necesarios:
Unha botella de plástico, tesoiras, rotuladores, pinceis, cordón, unha pelotiña, agulla de coser a lá e unha pistola de silicona.

Por último e aproveitando que temos tan cerquiña a praia, vos propoñemos facer manualidades con pedriñas. SI xuntamos pedras podemos confeccionar diferentes manualidades que vos servirán despois para xogar e aprender, só necesitamos pintura, algún barniz e moita creatividade. 
Aquí vos deixamos algunha idea!. 


  


Esperamos que vos gusten!

venres, 12 de xuño de 2020

Dominós

Hoxe compartimos con vós un material de elaboración propia polas mestras de A.L. a partir de pictogramas de Arasaac: os DOMINÓS. 
Este material é moi útil para traballar a conciencia fonolóxica e iniciar a lectoescritura. Ademais, poderedes desfrutar xogando cos vosos/as fillos/as mentres eles aprenden!
Empregar este material é moi sinxelo: 
1.   Deberedes descargar (atoparedes o enlace ao final) e imprimir os que desexedes. 
2. Os/as nenos/as deberán colorealos ao seu gusto e recortalos. Recomendamos plastificalo xa que o xogo aguantará moito máis tempo!
3.     Unha vez feito isto, poderedes xogar ao dominó cos vosos/as nenos/as!

A continuación presentámosvos os dominós que poderedes descargar. Están ordenados por números e atoparédelos tanto en galego como en castelán.
  • Sílabas e animais: castelán (1) - galego (2)

  • Palabras cos sons: s, za, zo, zu, ce, ci: castelán (3) - galego (4).



  • Palabras con R suave: castelán (5) - galego (6).

  • Palabras con R forte: castelán (7) - galego (8).

  • Sinfóns e sílabas trabadas: castelán (9) - galego (10).



DESCARGAR O MATERIAL: DOMINÓS

xoves, 11 de xuño de 2020

Vámonos de compras!


VAMOS A XOGAR COS CARTOS!


Aquí vos deixamos un divertido xogo didáctico para nenos. A idea é que os máis pequenos se vaian familiarizando cos cartos, coas moedas de euro e cos billetes.



Na Web mundo primaria, tamén atoparedes un divertido xogo de moedas de céntimo e de euro. O xogo consiste en contestar de forma correcta, por exemplo: Que grupo de moedas forman 35 céntimos?



Por último Florentino Sánchez Martín, realizou unhas actividades ineractivas moi divertidas sobre as moedas e os euros. Empezan cunha breve descrición dos tipos de moedas e billetes que existen no noso pais, para a continuación facer diferentes cálculos. 


Esperamos que vos gusten!