Traductor

Amosando publicacións coa etiqueta Expresión oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expresión oral. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Xogos para a casa

Imos a propoñervos agora varios xogos:


Trátase dun xogo moi divertido e dinámico para xogar na casa  cos/as vosos/as fillos e fillas, que nos presenta Victoria Bermejo González, empregando os pictogramas de Arasaac.

Con este xogo fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e todo o que vos queirades, dependendo das probas que escollades para os/as vosos/as nenos/as.


Neste caso primeiro teredes que preparar as probas. Despois imprimir o pdf, e ter os materiais listos antes de empezar a xogar.

1º Que o/a neno/a escolla o premio, que os papás esconderedes, por exemplo, debaixo da cama, ou noutro lugar.

2º Prepararedes 4 probas que deberá pasar. Por exemplo, unha proba de escritura, outra de lectura de palabras, outra de pintar, unha proba de psicomotricidade, un puzzle, unha manualidade, un memory, …

3º Podemos disfrazar ao/a neno/a de pirata para darlle máis credibilidade, poñéndolle simplemente un pano na cabeza, un parche nun ollo, ou algún outro accesorio similar.

Aportámosvos un pdf coas instrucións e os pictogramas explicativos do xogo. Premede no título para baixalo.


Con este segundo xogo  fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e a comprensión lectora.




Está sacado do blog de caperucitafucsia. Consiste en 30 tarxetas nas que aparecen distintos retos con diferentes niveis de complexidade, nos que se irán repasando conceptos como cores, formas, letras, tamaños, …
Podedes plantexalo do seguinte modo: a medida que vaian acadando retos, por exemplo, cada cinco retos acadados, ou cada dez, irán gañando puntos para chegar a un premio final, que podería ser un pequeno xoguete, un paseo, un xeado, un postre que lles guste, …

Premede no título do xogo para baixalo.

luns, 8 de xuño de 2020

A linguaxe descritiva

Imos a propoñervos varias actividades para practicar a descrición ou linguaxe descritiva xa dende as primeiras idades.

Describir é explicar ou narrar de forma detallada e ordenada como son as persoas, os animais, os lugares, os obxectos e os sentimentos.

Tal e como nos di Isabel Bermejo, describir é "pintar con palabras", e serve, ademais, para traballar vocabulario, expresión e comprensión oral e escrita.





ACTIVIDADE Nº1. A autora desta actividade é Sandra López Abós, de "Comienza La Aventura". Contén varios círculos nos que aparecen características coma "forma", "tamaño", "cor", e "uso", ademais dun total de corenta tarxetas con fotografías de obxectos reais para describir.

PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE:


Deberedes imprimir os catro círculos de cores, recortalos, se queredes plastificalos ou pegarlles forro adhesivo para que teñan unha maior consistencia e duración, e preparar pinzas da roupa ou pinzas pequenas de papelería.
As tarxetas non é necesaro que as imprimades, xa que pode ser suficiente con ilas vendo na pantalla do ordenador.

COMO SE XOGA?

O/A neno/a observará ou collerá unha tarxeta e irá colocando as pinzas en cada un dos círculos que indican as diferentes categorías. Por exemplo, se colle a tarxeta do peluche do monstro, colocará unha pinza na cor verde, na forma irregular, en que se emprega para divertirse e en que é de tamaño mediano.
Incluso se podería facer á inversa: Colocar pinzas nas diversas características e dar a elexir ao neno entre varias tarxetas de obxectos para que escolla a que lle corresponde a esa descrición.



ACTIVIDADE Nº2. Agora ofrecémosvos un enlace a unha actividade interactiva para nenos máis maiores, a partir de terceiro curso de Educación Primaria, creada por "el lapicero mágico". Consta de catro apartados: 

1º: Descrición dun personaxe.
2º: Descrición dun lugar.
3º: Descrición de animais.
4º: Descrición de paisaxes.

ACTIVIDADE Nº3. Daniel Hernández Ruiz preséntanos estas cinco actividades interactivas consistentes en aprender a describir de forma física ás persoas:

1- "Descripciones del físico equivocadas", aparece unha descrición con erros e unha fotografía. Observando a fotografía da persoa, trátase de atopar o erro do texto.
2- "¿Quién es?", aparece unha descrición e dúas fotografías. Os vosos/as fillos/as deberán ler a descrición e conforme a ela clicar na fotografía que crean que é a correcta.
3- "¿Quién es quién?", xogarán a adiviñar o personaxe escondido a través dunha serie de preguntas.
4- Memory das descricións físicas.
5- Expresión oral ou escrita.

ACTIVIDADE Nº4. A última das actividades emprega as figuras dos superheroes e as súas descricións. Está elaborada por @caperucitafucsia do blog http://caperucitafucsia.blogspot.com e consta de dezaseis tarxetas con superheroes e as súas descricións e, por outra, seis tarxetas con preguntas sobre as súas características.

PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE:

Deberedes imprimir as tarxetas dos superheroes e as das preguntas e despois recortalas. Se queredes pódense plastificar ou forrar con forro adhesivo.

COMO SE XOGA?

Poderase xogar en parella ou en familia.
Deberanse poñer todas as cartas boca abaixo nunha mesa ou no chan e os/as nenos/as terán que escoller unha carta dun superheroe ao azar e ler a súa descrición. Posteriormente, deberán que ir levantando as diferentes preguntas e ir respondéndoas para ese superheroe.
O seguinte xogador escollerá outro ata e realizará os mesmos pasos ca o anterior, así ata completalos todos.



Esperamos que vos gusten!

"La imaginación es una función de la experiencia."- Gianni Rodari 

luns, 1 de xuño de 2020

Dados máxicos para contar historias

Os dados ou cubos máxicos para contar historias ou Story cubes son un recurso moi interesante empregado para fomentar a creatividade, a memoria, o vocabulario, a expresión oral e escrita.
Normalmente aos nosos nenos e nenas encántalles escoitar contos e tamén inventalos, co cal podemos empregar dende xogos de dados comercializados, ata este outro tipo de ideas que podedes realizar nas vosas casas, que vos ofrecemos a continuación.

Imos a clasificar os dados deste xeito:
  • Dados con imaxes: Empréganse para comezar a crear contos con nenos/as pequenos/as. Conteñen personaxes, lugares, obxectos, medios de transporte, ...





  •  Dados con texto: Para inventar contos máis elaborados con nenos/as máis maiores. Conteñen protagonistas variados, lugares, épocas, accións ou situacións, obxectos máxicos e preguntas.



COMO SE FAN OS DADOS?

Para poder contar as historias o ideal sería que imprimirades varios dados diferentes, por exemplo, un dado de personaxes, outro de lugares, outro de obxectos, outro de medios de transporte,…
No caso dos dados de imaxes, os/as vosos/as nenos/as poderán pintalos das cores que máis lles gusten. 
Unha vez impresos os dados, se queredes podedes poñerlles forro adhesivo para que teñan unha maior duración.
Despois deberán recortalos coa vosa axuda, doblar as solapas, botarlles pegamento, pegalos e deixalos secar.
Aquí vos ofrecemos un vídeo elaborado por El Lapicero Mágico, no que vos explica paso a paso todo o proceso.


COMO SE XOGA?
A forma de proceder será a seguinte. Segundo o número de xogadores establecerase a quenda de xogo. O primeiro xogador tira un dado de  personaxes e outro de lugares, por exemplo, comeza dicindo un principio, e ten que ir inventando o conto incluíndo a ese personaxe que saiu na tirada no lugar correspondente.
O seguinte xogador tira un dado de obxectos e continúa o conto onde o deixou o primeiro.
O terceiro xogador tira un dado de medios de transporte e avanza no conto, e así sucesivamente…
Por último, aportámosvos uns anexos con posibles comezos e finais diferentes para as vosas historias.




Que contedes moitos contos!

“Si queremos enseñar a pensar, debemos antes enseñar a inventar”- Gianni Rodari

xoves, 28 de maio de 2020

Hora de cociñar!- 2

Imos a ofrecervos unha segunda entrega destas receitas sinxelas creadas por Iván González Carro, coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.

Poderedes empregar este momento en familia para traballar cos/as vosos/as fillos/as a linguaxe oral e o vocabulario a medida que ides facendo a receita.
RECEITAS SALGADAS
1.   Tortilla francesa.
2.   Lasaña.
3.   Pan Pizza.

RECEITAS DOCES
4.   Macedonia de frutas.
5.   Galletas de chocolate.
6.   Palmeritas.

Desfrutade moito do proceso e do resultado!

xoves, 14 de maio de 2020

Atopar os absurdos

Atopar os absurdos é unha actividade para encontrar erros ou incoherencias en frases, textos ou imaxes. Serve para traballar tanto a expresión oral coma o razoamento verbal e o vocabulario.

1- Presentámosvos agora unhas láminas sacadas da páxina de mírameyaprenderás.wordpress.com. Nelas aparecen unha serie de absurdos visuais, con escenas e personaxes que non deberían aparecer e que están totalmente fóra de lugar. Os/As nenos/as deberán localizalas e verbalizalas en forma de oración. Podedes axudalos/as guiando un pouco a conversa con axuda de preguntas abertas, nunca de si/non.


A continuación propoñémosvos unha serie de actividades para traballar os absurdos verbais, recompiladas da páxina de Orientación Andújar.
2- Nesta os/as nenos/as deberán averiguar a parte incorrecta de cada oración despois de lela, e dicir o que hai que cambiar.

3- Nestoutra terán que identificar os absurdos dentro das oracións das tarxetas.


4- Estas foron creadas por María Olivares:


5- A última actividade, na que teñen que identificar os absurdos dentro destas oracións:

mércores, 6 de maio de 2020

Analoxías

A continuación imos a presentarvos varias actividades con analoxías.
As analoxías consisten en comparar ou relacionar conceptos, obxectos ou experiencias, tendo en conta as súas características.
Nos nenos xeneran a  capacidade de razoamento lóxico, solución de problemas e ampliación de vocabulario.
Neste caso, centrarémonos nas analoxías lingüísticas.

1-Cristina González Otto na súa web con derecho a volar. com, preséntanos  unha serie de analoxías, ou relacións de semellanza entre distintos elementos.


2- Na páxina de Orientación Andújar atopamos estas sencillas actividades de analoxías para os máis pequenos.

3-Por outra banda aportámosvos agora unha serie de frases con analoxías, que ademáis traballan a comprensión lectora. Están sacadas da páxina de Orientación Andújar e foron elaboradas por María Olivares. Os nenos/as deberán completar as oracións, de forma que estas teñan sentido.

4-Compartimos tamén con vós estas de de Mª Carmen Pérez, autora de aulapt.com, realizadas con pictogramas de Arasaac, que traballan a comprensión lectora de frases.


5- Por último, amosámosvos este xogo online que nos presenta a http://www.aprenderjuntos.cl/ que pode resultarvos interesante. Entrade ao enlace e buscade “Analogías Verbales”. Que o/a voso/a fillo/a complete as analoxías elexindo a alternativa correcta. Para elo debe empregar os números do teclado.

venres, 1 de maio de 2020

Hora de cociñar!

A continuación imos a ofrecervos unha serie de receitas sinxelas creadas por Ivan González Carro, cos ingredientes, utensilios e os pasos a seguir moi ben explicados coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.
Será moi bo momento para traballar a linguaxe oral e o vocabulario se a medida que ides facendo a receita a ides verbalizando en todo momento, dicindo en voz alta os ingredientes e cada unha das partes do proceso.
Seguro que disfrutaredes moito da súa preparación e, aínda máis, da súa degustación! 
RECEITAS SALGADAS
1.   Ensalada de pasta.
2.   Fajitas de pollo.
3.   Minipizzas.

RECEITAS DOCES
4.   Crepes blanco y negro.
5.   Dulces de melocotón.
6. Galletas Chips.





- "Para mí no hay un gran chef sin un gran equipo".- Daniel Boulud.

mércores, 29 de abril de 2020

Xogo da Oca Humana

Querémosvos amosar este Xogo da Oca Humana, que nos presenta Encarni Mindez Verdejo na páxina de Arasaac e pareceunos moi divertido para traballar diversos aspectos da linguaxe en familia á vez que os nenos e nenas o pasan moi ben!
Ofrécense dúas ocas como modelo:

  • OCA I: Unha sinxela para os nenos/as máis pequenos con actividades de motricidade grosa e onomatopeas de animais. Apórtanse tamén as Instrucións.



  •   OCA II: Outra para nenos/as máis maiores, que inclúe adiviñas, imitación de xestos e categorías. Apórtanse as instrucións e o vocabulario de accións, animais e obxectos.



Desenvolvemento do xogo:
Teredes que imprimir as casillas en tamaño grande e distribuílas por todo o chan da habitación ou da sala.
As fichas serán os propios xogadores e necesitaredes un dado, canto máis grande mellor, que pode ser con números en vez de con puntos.
O xogo consistirá en ir tirando o dado e cando o xogador caia nunha casilla terá que realizar a acción que se lle indique. A continuación tirará outro xogador, e así sucesivamente. Gañará o que chegue antes á meta.