Hoxe compartimos
con vós un material de elaboración propia polas mestras de A.L. a partir de
pictogramas de Arasaac: os DOMINÓS.
Este material é moi útil para traballar a
conciencia fonolóxica e iniciar a lectoescritura. Ademais, poderedes desfrutar
xogando cos vosos/as fillos/as mentres eles aprenden!
Empregar este
material é moi sinxelo:
1.
Deberedes descargar (atoparedes o enlace ao final) e imprimir os que
desexedes.
2. Os/as nenos/as deberán colorealos ao seu gusto e recortalos. Recomendamos
plastificalo xa que o xogo aguantará moito máis tempo!
3. Unha vez feito isto, poderedes xogar ao dominó cos vosos/as nenos/as!
A continuación
presentámosvos os dominós que poderedes descargar. Están ordenados por números
e atoparédelos tanto en galego como en castelán.
- Sílabas e animais: castelán (1) - galego (2)
- Palabras cos sons: s, za, zo, zu, ce, ci: castelán (3) - galego (4).
- Palabras con R suave: castelán (5) - galego (6).
- Palabras con R forte: castelán (7) - galego (8).
- Sinfóns e sílabas trabadas: castelán (9) - galego (10).
DESCARGAR O
MATERIAL: DOMINÓS
Ningún comentario:
Publicar un comentario