Xa estamos na recta
final do curso, e a veces con poucos materiais que temos na casa, podemos inventar
divertidos xogos para os máis pequenos, que os terán entretidos un rato.
Unha idea que vos propoñemos é a creación de quebracabezas con material caseiro. Os quebracabezas teñen un montón de beneficios, entre eles caben destacar:
Unha idea que vos propoñemos é a creación de quebracabezas con material caseiro. Os quebracabezas teñen un montón de beneficios, entre eles caben destacar:
·
Desenvolven
a memoria visual.
·
Desenvolven
a concentración.
·
Reforzan
o pensamento lóxico.
·
Estimulan
a habilidade espacial e matemática.
·
Melloran
as habilidades motrices.
·
Ensinan
autocontrol, relaxación e reflexión.
·
Mellora a
autoestima e a creatividade.
QUEBRACABEZAS PIZZA
QUEBRACABEZAS PIZZA
Para realizar este quebracabezas, só necesitades un cartón, que cortaredes de forma redonda, para decoralo podedes usar calquera tipo de material. O da imaxe está elaborado con témperas sólidas que secan moi rápido e son fáciles de limpar e gomets. Unha vez que a pizza estea lista, non tendes máis que cortala en cachiños, e a intentar formala de novo!.
QUEBRACABEZAS DE FORMAS XEOMÉTRICAS
Cun
cartón e cinta decorativa facemos un cadrado, nese cadrado debuxamos distintas
figuras xeométricas que pintaremos de distintas cores. Por último toca recortar
as pezas, e a xogar!
O
XOGO DE ENCESTAR A BOLA
Materiais
necesarios:
Unha
botella de plástico, tesoiras, rotuladores, pinceis, cordón, unha pelotiña,
agulla de coser a lá e unha pistola de silicona.

Por
último e aproveitando que temos tan cerquiña a praia, vos propoñemos facer
manualidades con pedriñas. SI xuntamos pedras podemos confeccionar diferentes
manualidades que vos servirán despois para xogar e aprender, só necesitamos
pintura, algún barniz e moita creatividade.
Aquí vos deixamos algunha idea!.

Esperamos
que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario