Traductor

Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión lectora. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2020

Contos con fonemas

Ofrecémosvos unha colección de 18 contos en castelán creados por Santiago  Rodríguez Montes, e recompilados na páxina de Orientación Andújar, para traballar cada unha das consoantes do alfabeto. Primeiro aparece o conto cunha ilustración e ao final a letra para repasar en maiúscula e minúscula.

Con eles estaríamos traballando a lectura, a comprensión oral e escrita, a motricidade fina, e o vocabulario.

Tendes o enlace ao pdf de cada un no propio título.
Serían os seguintes:

LETRAS
TÍTULOS
1
B
2
C
3
CH
4
D
5
F
6
J
7
L
8
LL
9
M
10
N
11
Ñ
12
P
13
R
14
S
15
T
16
V
17
X
18
Z


“Lee y conducirás, no leas y serás conducido”. Santa Teresa de Jesús.

martes, 9 de xuño de 2020

Comprendo a información

Un dos obxectivos máis importantes á hora entender o medio que nos rodea, é extraer a información no formato que esta se nos presente.


Cando facemos a compra nun supermercado temos que atender á letra pequena das etiquetas para coñecer toda a información que dese produto deriva: data de envasado, de caducidade, compoñentes nutricionais, posibles alérxenos, ...


Se temos que realizar algún formalismo, sexa no banco, no concello, no centro de saúde ou no centro educativo, perdémonos con toda a información que se nos pide, moitas veces son datos sinxelos, pero outras veces non tanto.
Para intentar adestrar á nosa cativada para a comprensión da información independentemente do formato no que se nos amose, resulta de moita utilidade poñelos ante situacións reais, sempre atendendo á súa idade.
Unha destas situacións prácticas pode ser no supermercado: pedirémoslles que nos localicen tal produto, sendo este da característica que nos lle indiquemos. Ou que nos miren o prezo dunha froita. Ou que nos busquen as galletas que non teñan glute, ...


Se imos pola rúa, podemos pedirlles que miren o horario dun establecemento, ou o que se nos indica con tal sinal de tráfico, ... Podemos pedirlles tamén que se fixen nas nubes ou nas pólas das árbores para saber se hai vento, se podería chover, ...



En definitiva, é importante que desde moi pequenos vaiamos transmitíndolle a importancia da observación, sendo esta un factor clave para atopar e interpretar a información.
Déixovos un material interactivo, atopado en ARASAAC e adaptado ao galego, para traballar este aspecto tan importante, a observación e comprensión da información que nos facilitan.

Anímovos a ser grandes observadores!

xoves, 14 de maio de 2020

Atopar os absurdos

Atopar os absurdos é unha actividade para encontrar erros ou incoherencias en frases, textos ou imaxes. Serve para traballar tanto a expresión oral coma o razoamento verbal e o vocabulario.

1- Presentámosvos agora unhas láminas sacadas da páxina de mírameyaprenderás.wordpress.com. Nelas aparecen unha serie de absurdos visuais, con escenas e personaxes que non deberían aparecer e que están totalmente fóra de lugar. Os/As nenos/as deberán localizalas e verbalizalas en forma de oración. Podedes axudalos/as guiando un pouco a conversa con axuda de preguntas abertas, nunca de si/non.


A continuación propoñémosvos unha serie de actividades para traballar os absurdos verbais, recompiladas da páxina de Orientación Andújar.
2- Nesta os/as nenos/as deberán averiguar a parte incorrecta de cada oración despois de lela, e dicir o que hai que cambiar.

3- Nestoutra terán que identificar os absurdos dentro das oracións das tarxetas.


4- Estas foron creadas por María Olivares:


5- A última actividade, na que teñen que identificar os absurdos dentro destas oracións: