Traductor

venres, 29 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!

XOGOS MATEMÁTICOS PARA OS MÁIS MAIORES!


Esta nova entrada do blog, pretende que pasedes un rato divertido con diferentes xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas! 



Sabueso rétache a unha carreira de calculo mental. Gaña quen chega antes á meta. Atréveste?




Divertido xogo de ciencias. Elixe os xogadores, a cor da vosa ficha, tira o dado e contesta ben as preguntas. Moita sorte!



Por último, se premedes no enlace veredes un divertido xogo de fraccións.









Animádevos a xogar!

xoves, 28 de maio de 2020

Hora de cociñar!- 2

Imos a ofrecervos unha segunda entrega destas receitas sinxelas creadas por Iván González Carro, coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.

Poderedes empregar este momento en familia para traballar cos/as vosos/as fillos/as a linguaxe oral e o vocabulario a medida que ides facendo a receita.
RECEITAS SALGADAS
1.   Tortilla francesa.
2.   Lasaña.
3.   Pan Pizza.

RECEITAS DOCES
4.   Macedonia de frutas.
5.   Galletas de chocolate.
6.   Palmeritas.

Desfrutade moito do proceso e do resultado!

mércores, 27 de maio de 2020

Fichas interactivas Infantil: conciencia fonolóxica.

Hoxe compartimos unhas fichas para traballar a conciencia fonolóxica de maneira interactiva e lúdica. As actividades están enfocadas principalmente á etapa de Educación Infantil.

¿Para que serve traballar a conciencia fonolóxica?
A conciencia fonolóxica e a lectoescritura están intimamente relacionadas. Ésta considerase un requisito fundamental para a adquisición da lectura nas primeiras etapas.

A continuación atoparedes as actividades. Para acceder a elas só teredes que pinchar sobre o título:

“As vogais” Nesta actividade deberán colocar os debuxos que comecen polas seguintes vogais...




“¿Qué empieza por...?” A seguinte actividade consiste en arrastrar cada debuxo á sílaba inicial que lle corresponda.



“La palabra secreta...” Nesta actividade deben pensar cal é a letra inicial de cada palabra e arrastrala á súa casilla. Con esas letras obterán a palabra secreta.

Nota: Se queredes que eles mesmos comproben se están ben as respostas. Ao rematar a actividade deberedes facer clic na palabra “Finish” que aparece ao final do documento e, despois, seleccionar “Check my answers”.

martes, 26 de maio de 2020

Habilidades sociais


As Habilidades Sociais son unhas das aprendizaxes mais importantes a ter en conta nos nosos cativos, posto que son un conxunto de condutas que nos van a permitir desenvolvernos eficazmente ante situacións sociais, podendo establecer relacións axeitadas con outros e resolver conflitos e para o autocontrol emocional.

Podedes premer neste enlace https://www.educapeques.com/escuela-de-padres/habilidades-sociales-educar-para-las-relaciones-sociales.html onde tendes un bo artigo titulado “ habilidades sociales: Educar para las relaciones sociales” no que destacan como habilidades sociais básicas:

Apego: capacidade de establecer lazos afectivos con outras persoas.
Empatía: capacidade de poñerse no lugar do outro e entendelo.
Asertividade: capacidade de defender os teus propios e opinións sen molestar aos demais.
Cooperación: Capacidade de colaborar cos demais para lograr un obxectivo común.
Autocontrol: capacidade de interpretar as crenzas, desexos e sentimentos propios e controlar os impulsos.
Comprensión de situacións: capacidade para entender as desigualdades sociais e non tomalas como algo persoal, ou culparse de determinadas cousas, pero sempre podemos poñer o noso gran de area para axudar.
Resolución de conflitos: é a capacidade para interpretar un conflito e sacar alternativas de solución ao mesmo.

Se premedes neste enlace

https://elparquedelasemociones.com/recursos-educativos/ensenar-habilidades-sociales-con-cortos/ podedes visualizar 8 curtas para reflexionar cos vosos fillos sobre os valores que se promoven en cada un deles. En cada curta hai preguntas que vos poden ser útiles.

Veredes que chulos!

(Este post e orixinariamente do blog del Profe Juan).

luns, 25 de maio de 2020

As palabras encadeadas

Imos a presentarvos agora varias versións do coñecido "xogo das palabras encadeadas”. Con el traballarase a conciencia fonolóxica, o vocabulario e a memoria dos/as nenos/as.

Tal e como o seu nome indica, trátase de ir encadeando palabras, collendo a última sílaba da anterior, para comezar a seguinte, por exemplo:

 Agora imos a darvos varias opcións:

1. A primeira delas é unha actividade con imaxes de Orientación Andújar.




2. A mesma autora, apórtanos unha actividade onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. A seguinte, na que deberán escribir a palabra que falta no cadro.



4. A cuarta, empregando tamén diversas imaxes. Neste caso deberán recortar os taboleiro de cores enteiros, e despois cada unha das imaxes. Sería recomendable, para comezar, ir facendo páxina a páxina. Aportámosvos unha versión en galego e outra en castelán.





 5. Ofrecémosvos tamén un vínculo coa páxina de SoyVisual.org onde podedes descargar dez archivos en formato interactivo para identificar tanto a sílaba inicial como final a través do xogo das palabras encadeadas. Os autores son Patricia González Núñez, Ana Isabel Montes Castillo e Belinda Haro.


 6. Por último, despois de practicar todas estas versión con imaxes e palabra, en formato papel e aplicación interactiva, podedes ensinarlles aos vosos fillos e fillas a versión oral do xogo.

Nesta, con dous ou máis xogadores, establécese unha quenda de xogo. O primeiro di unha palabra calquera, e o seguinte debe dicir unha palabra que comece coa sílaba última da anterior.

Como únicas normas, non se repiten as palabras xa anteriormente ditas, e non se permite o emprego de palabras cuxa última sílaba resulte imposible para o outro á hora de formar unha nova palabra.

Así que animádevos e… a xogar!

venres, 22 de maio de 2020

Actividades interactivas

Hoxe compartímosvos unhas magníficas actividades interactivas elaboradas por Crisálida. Estas actividades son moi sinxelas e intuitivas para os nenos/as e teñen un formato motivador para que se divirtan mentres aprenden. Cada actividade está composta por varios minixogos nos que se traballan diferentes aspectos: vocabulario, conciencia fonolóxica, lectoescritura, comprensión, etc. 
A continuación, atoparedes as diferentes actividades ordeadas da máis sinxela á máis complexa. O título levaravos ao enlace de descarga.
“NUESTRO CUERPO” 
A actividade conta con cinco minixogos para aprender as partes do corpo: vocabulario, repasa, escoita e elixe a parte do corpo, escoita e toca a parte do corpo e ordear de máis novo a máis ancián.
“LOS MEDIOS DETRANSPORTE”
Esta actividade conta con 5 minixogos relacionados cos medios de transporte: aprende, repasa, colocar por onde circula cada medio de transporte, memoriza: escoitar e poñer en orde os medios de transporte e clasifica: seleccionar as imaxes do campo semántico dos transportes.

Esta actividade conta con 5 minixogos relacionados coas froitas e verduras:
  • Vocabulario. Escoitar a palabra e pulsa na imaxe correcta.
  • Conciencia silábica. Contar as sílabas de cada palabra.
  • Lectura. Seleccionar a palabra que está escrita correctamente.
  • Rimas. Relacionar a palabra coa imaxe coa que rime.
  • Comprensión oral: Escoitar a descrición e elixir.
Neste xogo o Pirata Patapalo roubou o tesouro e escondeuno nunha illa. Os nenos/as deberán ir a buscalo seguindo un mapa dividido en 5 etapas:
  • A costa: Coller as estrelas que comecen pola letra que nos piden.
  • Isla Calavera: Coller as formas que acaben pola letra que piden.
  • El volcán encantado: Contar as sílabas e salta á pedra.
  • La cascada: Pescar o peixe que comece coa sílaba correspondente.
  • La tribu: Ofrecer ao Deus o obxecto que remate pola sílaba.


A actividade conta con cinco xogos divididos en 5 casetas nas que se traballará a conciencia fonolóxica.
  • Caseta 1. Pinchar o globo que comece pola letra do cartel.
  • Caseta 2. Contar as sílabas e darlle ao pallaso que teña ese número.
  • Caseta 3: Xirar a noria e dicir unha palabra que teña esa sílaba.
  • Caseta 4: Pescar o pato que conteña a sílaba final do debuxo.
  • Caseta 5: Xirar a ruleta e dicir unha palabra que remate pola mesma sílaba.

¿Como utilizalas?
  • É necesario ter instalado no ordenador PowerPoint (paquete de Office) xa que non é compatible con outros formatos.
  • O enlace levaravos a un documento en Google Drive. Para que funcione correctamente hai que descargar o documento no ordenador.
  • Unha vez descargadas abrimos o arquivo e... 


¡a xogar!

xoves, 21 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!


Agora que o estado de confinamento nos permite saír mais da casa. Podemos camiñar cos nosos fillos e ao mesmo tempo facer xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas!

ADIVIÑA ADIVIÑANZA
Pídelle ao teu fillo que pense nun número do 1 ata o 30 e inténtao adiviñar preguntándolle si é par ou impar, si é menor de 10, si está entre o 5 e o 10. Cando o acertes, podedes cambiar os papeis, pídelle que adiviñe o número que estás ti pensando.

EXPLOTAR  POMPAS DE XABÓN
Esta actividade divertida pódese practicar ao aire libre. Pídelle ao teu fillo que conte o números de pompas que  fas e cantas son capaces de explotar. Aumenta a dificultade pedíndolle que adiviñe o número de pompas que se formarán e cantas se conseguirán estoupar.

XA CHEGAMOS?
Cantas veces os nosos fillos nos preguntan, chegamos xa? Canto falta? Cando saiades a dar un paseo podedes facer esta divertida actividade. Pídelle que adiviñen canto se tarda en chegar a un determinado sitio e despois que calculen canto tempo se tardou realmente cun temporizador ou un cronómetro. Desta maneira, descubrirán o exactos que foron.

CANTO MIDE?
Cunha regra e varios obxectos pequenos, pídelle o teu fillo que che diga canto miden. Anota a resposta cun lapis e papel. Cando terminedes, proponlle que comparen a medida de cada obxecto.

Tamén podedes buscar un sitio na casa onde poidas medir ao teu fillo e cada certo tempo ver o que vai medrando. 



Espero que vos gusten!

mércores, 20 de maio de 2020

As familias de palabras

As familias de palabras, ou familias léxicas, son aquelas palabras que comparten a mesma raíz ou lexema, e que polo tanto, teñen certa relación de significado.
Parten dunha palabra primitiva, que é unha palabra que non procede doutra, e de palabras derivadas, formadas a partir desta primeira, coa mesma raíz e cun significado relacionado coa primeira. 
E, por suposto, as familias de palabras son un excelente recurso para traballar o vocabulario e o razoamento verbal.
Agora imos a amosarvos unha serie de actividades acerca das familias de palabras:

  1.  María Olivares presenta unha actividade onde se deberán formar tres palabras derivadas a partir dunha palabra primitiva.


2. A mesma autora, apórtanos unha actividades onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. Por outra banda, queremos compartir con vós un fantástico material que elaborou Ana Álvarez de @teachingtachan "el juego de las familias de palabras”.

martes, 19 de maio de 2020

Pasapalabra interactivo: ortografía

Hoxe presentámosvos unha versión interactiva do famoso xogo televisivo  “Pasapalabra”. Como xa sabedes, consiste en adiviñar a resposta á definición proposta para cada letra do alfabeto. 




¿Que aspectos se traballan?
Estes roscos de palabras están deseñados para traballar especificamente a ortografía aínda que, a través deles, mellorarán outros moitos aspectos como o léxico, a evocación de palabras ou a comprensión lectora.
¿Como se xoga?
Os roscos están compostos por unha definición con cada letra do alfabeto e teñen 7 minutos para completalo. As respostas poden empezar pola letra ou contela, aparece especificado na definición. Se acertan a letra aparecerá en verde e se a fallan en vermello (Ollo: as palabras deben estar ben escritas). Ao igual que no xogo orixinal, poderán saltar unha definición e respondela máis tarde. 
A continuación, atoparedes os ENLACES AOS PASAPALABRAS tanto en galego como en castelán:

¿Atréveste a xogar?

luns, 18 de maio de 2020

Numeración

A numeración é a consecución dun número tras outro. De moi pequenos comezamos a ter contacto cos números cando aprendemos a representar os nosos anos cos dedos das mans, cando contamos dous ollos, dúas orellas, un nariz e unha boca, ...
É importante que a medida que aprendemos a contar, establezamos unha relación entre a grafía de cada número e a cantidade que este representa. Esta será unha das bases máis importantes para a aprendizaxe das matemáticas.

Neste sentido vos amoso dous dos primeiros materiais que realicei para a aula de PT, podedes imprimilos, recortalos e plastificalos se queredes que vos aguanten máis tempo.   
  • Crebacabezas número – cantidade, pódese traballar a modo de crebacabezas recortando pola liña descontinua.
  • Número – cantidade, cada tarxeta ten un número do 1 ao 10, haberá que colocar tantos garavanzos, pompóns, ..., como indique o número da tarxeta.                       
                                 

Dun xeito máis caseiro, con pinzas de tender a roupa, ademais pódese traballar a motricidade fina; colleremos un cartón ou algún papel que teñamos pola casa, escribiremos un número e haberá que colocar tantas pinzas como o número nos indique. 

Tamén, se tedes un cartón de ovos, podedes pintar un número en cada oco co fin de colocar tantos elementos dentro como indica o número aí escrito. Podedes traballar con garavanzos, pompóns, boliñas de plastilina, lentellas, ... calquera cousiña que atopedes na casa.
 
Outra opción é empregar vasiños de iogur. Cada vaso terá un número pintado, e dentro haberá que colocar paliños de polo, palliñas, calquera elemento que sirva para cuantificar.

Agardo que contedes moito...!

venres, 15 de maio de 2020

Hora de ler!


Ler é fundamental para as nosas vidas, posto que a lectura nos facilita o entendemento e o coñecemento. É por iso que é tan importante fomentala dende idades temperás. O noso papel como pais e mestres é fundamental para crear o hábito lector e desenvolver un pensamento crítico nos nosos rapaces.

Aquí vos deixamos 7 consellos á hora de ler contos aos peques da casa.
1.- Elixe o momento e o lugar axeitado.
Toda actividade ten o seu lugar e o seu momento, e os peques da casa deben saber identificalos como tal. Ao igual que identifican a hora do baño, a hora de comer ou a hora de durmir. Por elo faise necesario crear unha rutina diaria. Pero atención, tamén é importante ser flexibles con ela. Non sempre os nen@s van ter a mesma predisposición para a lectura, polo que non hai que obrigalos á hora do conto, se un día non lle apetece. Como dicía Jorge Luis Borges “el verbo ler, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta “ el modo imperativo”.
2.- Elixe historias curtas e ilustradas.
Os contos curtos e ilustrados son mellores para os peques por varios motivos, non requiren moito tempo de concentración na mesma actividade e poden seguir a historia a través da ilustración do libro. Algo interesante para involucrar os peques, é deixarlles a eles que elixan a historia que queiran escoitar, isto faralles sentir importantes.
3.- Non teñas presa e goza do momento.
O ritmo de vida que levamos, no pode deixar sen tempo para prestar a atención necesaria a certas necesidades. Unha delas é o disfrute e acompañamento na lectura dos nosos pequenos na casa. Somos un pilar para eles e non podemos faiarlles no fomento da lectura dende moi pequeniños.
4.- Non leas, interpreta e cóntalles un conto.
Estamos acostumado a ler para nos mesmos. Esa lectura a miúdo soe ser lineal, rápida e case sen entoación. Ler en voz alta aos peques require de algo máis de esforzo e interpretación pola nosa parte. Habería que facer o paso de ler un conto, a contar e interpretar un conto.
5.- Déixalle que interactúen co libro e participen coa historia.
A actitude dos peques ante a hora do conto non debe ser estática. Non son simples oíntes dunha historia, senón que son protagonistas da mesma. Hai que conseguir un clima de participación. Converter ese momento nun xogo divertido no que ambos gocedes e o pasedes xenial.
6.-Repite as palabras e explica todo o que non entendan.
Ao igual que nos lles facemos preguntas, tamén debemos ter en conta que eles nos van a preguntar. É normal que non entendan todas as palabras que lles dicimos ou que non entenden a historia en si mesma, é por elo polo que é importante explicarlles coas nosas palabras que quere dicir cada momento.
7.- Mantén as súas historias favoritas en rotación.
Como a todos nos pasa os peques tamén teñen os seus contos e historias favoritas. Para elo é importante que os nenos repitan os contos que lles gustan. Incluso cientificamente está demostrado que ler as mesmas historias unha e outra vez aumenta a capacidade do neno para recordar e reter palabras.

Se premedes neste enlace http://paracantarecontar.blogspot.com/ veredes un montón de contos para ver e ler. (Unitaria de Vide).

A divertirse!

xoves, 14 de maio de 2020

Atopar os absurdos

Atopar os absurdos é unha actividade para encontrar erros ou incoherencias en frases, textos ou imaxes. Serve para traballar tanto a expresión oral coma o razoamento verbal e o vocabulario.

1- Presentámosvos agora unhas láminas sacadas da páxina de mírameyaprenderás.wordpress.com. Nelas aparecen unha serie de absurdos visuais, con escenas e personaxes que non deberían aparecer e que están totalmente fóra de lugar. Os/As nenos/as deberán localizalas e verbalizalas en forma de oración. Podedes axudalos/as guiando un pouco a conversa con axuda de preguntas abertas, nunca de si/non.


A continuación propoñémosvos unha serie de actividades para traballar os absurdos verbais, recompiladas da páxina de Orientación Andújar.
2- Nesta os/as nenos/as deberán averiguar a parte incorrecta de cada oración despois de lela, e dicir o que hai que cambiar.

3- Nestoutra terán que identificar os absurdos dentro das oracións das tarxetas.


4- Estas foron creadas por María Olivares:


5- A última actividade, na que teñen que identificar os absurdos dentro destas oracións:

mércores, 13 de maio de 2020

Autocontrol

A TÉCNICA DA TARTARUGA


A técnica da tartaruga é un método de autocontrol para condutas impulsivas que teñen lugar en algún momento determinado.

Só necesitas ter unha tartaruga de xoguete.

É unha técnica que usando o símil da tartaruga como animal que se esconde cando se sente ameazado, logra que o neno cando se ve afectado por unha conduta disruptiva, pase do momento impulsivo á relaxación e a calma, podendo só así, tomar unha solución adecuada baseada na reflexión.
Desta maneira, o neno imaxínase dentro dunha cuncha imaxinaria na que pode respirar tranquilamente para lograr calmarse.

Cales son os pasos a seguir?:
1.- Recoñece as súas emocións? Só sabendo a emoción que estamos vivindo podemos ser capaces de controlala. Estou enfadado?, estou rabioso?, triste?, teño medo?.
2.-Pensa e para.
3.-Métete na túa cuncha e respira.
4.-Sal da túa cuncha e pensa unha solución.
Aquí vos deixamos o enlace, recollido do blog rincón de una maestra.
Resultáravos moi útil!

martes, 12 de maio de 2020

Bingo "Os oficios"

A continuación presentámosvos unha actividade para traballar o vocabulario relativo aos oficios dunha maneira lúdica, o bingo!. Ademais, con este xogo tamén traballaremos a atención, a discriminación visual e a expresión oral!

O xogo consta dun panel de bingo e seis cartóns diferentes. No enlace para descargar o xogo, que aparece ao final do post, atoparedes dúas opcións: un bingo en galego e outro en castelán.























¿COMO XOGAR? É moi sinxelo, segue as instrucións:
1.   Descargar o documento e imprimir os cartóns de bingo.
2. Descargar a APP “Generador Aleatorio” en Play Store. Unha vez descargada, entramos en “Número aleatorio” e a configuramos da seguinte maneira:
3.  Empeza o xogo! Repartimos un cartón por xogador/a e pulsamos en “Número aleatorio”. No panel de bingo, comprobamos con que oficio se corresponde o número e o tapamos tanto no panel do bingo coma no noso cartón.
4. Cantamos “LÍNEA” se conseguimos tapar todas as casillas horizontalmente e “BINGO” se es o primeiro/a en tapar todas as casillas do cartón.
5.   Se alguén canta “BINGO” compróbase que non haxa ningún erro e remata o xogo.

DESCARGA O XOGO PINCHANDO AQUÍ


venres, 8 de maio de 2020

Xogo:¡Arriba el lápiz!

Presentámosvos un xogo para xogar en familia.
Consiste en pensar e escribir palabras que comecen por unha letra determinada das diferentes categorías que están postas no taboleiro. Neste caso: nomes, cores, animais, comida e obxectos.
O primeiro que remate de escribir todas as palabras ten que dicir:”¡Arriba el lápiz!” e os demáis deberán parar de escribir.
A continuación contaranse todas as palabras escritas e cada unha sumará un punto. Ao final das partidas farase reconto dos puntos dos xogadores e gañará o que teña máis!

Para xogar soamente teredes que imprimir un taboleiro creado por Ana Micol Gracia para Arasaac por cada participante.
Apórtanse o taboleiro e as instrucións.


xoves, 7 de maio de 2020

Xogo: "Oca ortográfica"

A “Oca ortográfica” é unha adaptación do tradicional xogo da oca elaborado por Orienta Media. Con este xogo melloraremos a ortografía e a conciencia fonolóxica á vez que nos divertimos xogando.   
O Xogo está formado polo taboleiro de oca, a táboa de imaxes e as instruccións. A continuación amósase o xogo e as instrucións:



Pincha AQUÍ para descargar o xogo!