Traductor

venres, 15 de maio de 2020

Hora de ler!


Ler é fundamental para as nosas vidas, posto que a lectura nos facilita o entendemento e o coñecemento. É por iso que é tan importante fomentala dende idades temperás. O noso papel como pais e mestres é fundamental para crear o hábito lector e desenvolver un pensamento crítico nos nosos rapaces.

Aquí vos deixamos 7 consellos á hora de ler contos aos peques da casa.
1.- Elixe o momento e o lugar axeitado.
Toda actividade ten o seu lugar e o seu momento, e os peques da casa deben saber identificalos como tal. Ao igual que identifican a hora do baño, a hora de comer ou a hora de durmir. Por elo faise necesario crear unha rutina diaria. Pero atención, tamén é importante ser flexibles con ela. Non sempre os nen@s van ter a mesma predisposición para a lectura, polo que non hai que obrigalos á hora do conto, se un día non lle apetece. Como dicía Jorge Luis Borges “el verbo ler, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta “ el modo imperativo”.
2.- Elixe historias curtas e ilustradas.
Os contos curtos e ilustrados son mellores para os peques por varios motivos, non requiren moito tempo de concentración na mesma actividade e poden seguir a historia a través da ilustración do libro. Algo interesante para involucrar os peques, é deixarlles a eles que elixan a historia que queiran escoitar, isto faralles sentir importantes.
3.- Non teñas presa e goza do momento.
O ritmo de vida que levamos, no pode deixar sen tempo para prestar a atención necesaria a certas necesidades. Unha delas é o disfrute e acompañamento na lectura dos nosos pequenos na casa. Somos un pilar para eles e non podemos faiarlles no fomento da lectura dende moi pequeniños.
4.- Non leas, interpreta e cóntalles un conto.
Estamos acostumado a ler para nos mesmos. Esa lectura a miúdo soe ser lineal, rápida e case sen entoación. Ler en voz alta aos peques require de algo máis de esforzo e interpretación pola nosa parte. Habería que facer o paso de ler un conto, a contar e interpretar un conto.
5.- Déixalle que interactúen co libro e participen coa historia.
A actitude dos peques ante a hora do conto non debe ser estática. Non son simples oíntes dunha historia, senón que son protagonistas da mesma. Hai que conseguir un clima de participación. Converter ese momento nun xogo divertido no que ambos gocedes e o pasedes xenial.
6.-Repite as palabras e explica todo o que non entendan.
Ao igual que nos lles facemos preguntas, tamén debemos ter en conta que eles nos van a preguntar. É normal que non entendan todas as palabras que lles dicimos ou que non entenden a historia en si mesma, é por elo polo que é importante explicarlles coas nosas palabras que quere dicir cada momento.
7.- Mantén as súas historias favoritas en rotación.
Como a todos nos pasa os peques tamén teñen os seus contos e historias favoritas. Para elo é importante que os nenos repitan os contos que lles gustan. Incluso cientificamente está demostrado que ler as mesmas historias unha e outra vez aumenta a capacidade do neno para recordar e reter palabras.

Se premedes neste enlace http://paracantarecontar.blogspot.com/ veredes un montón de contos para ver e ler. (Unitaria de Vide).

A divertirse!

Ningún comentario:

Publicar un comentario