Imos a presentarvos agora varias versións do
coñecido "xogo das palabras encadeadas”.
Con el traballarase a conciencia
fonolóxica, o vocabulario e a memoria dos/as nenos/as.
Tal e como o seu nome indica, trátase de ir
encadeando palabras, collendo a última sílaba da anterior, para comezar a
seguinte, por exemplo:

2. A mesma autora,
apórtanos unha actividade onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a
palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.

3. A seguinte, na
que deberán escribir a palabra que falta no cadro.

4. A cuarta, empregando tamén diversas imaxes. Neste caso
deberán recortar os taboleiro de cores enteiros, e despois cada unha das
imaxes. Sería recomendable, para comezar, ir facendo páxina a páxina. Aportámosvos
unha versión en galego e outra en castelán.
6. Por último, despois de practicar todas estas versión con
imaxes e palabra, en formato papel e aplicación interactiva, podedes
ensinarlles aos vosos fillos e fillas a versión oral do xogo.
Nesta, con dous ou máis
xogadores, establécese unha quenda de xogo. O primeiro di unha palabra
calquera, e o seguinte debe dicir unha palabra que comece coa sílaba última da
anterior.
Como únicas normas, non
se repiten as palabras xa anteriormente ditas, e non se permite o emprego de
palabras cuxa última sílaba resulte imposible para o outro á hora de formar
unha nova palabra.
Así que
animádevos e… a xogar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario