Traductor

Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Xogos para a casa

Imos a propoñervos agora varios xogos:


Trátase dun xogo moi divertido e dinámico para xogar na casa  cos/as vosos/as fillos e fillas, que nos presenta Victoria Bermejo González, empregando os pictogramas de Arasaac.

Con este xogo fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e todo o que vos queirades, dependendo das probas que escollades para os/as vosos/as nenos/as.


Neste caso primeiro teredes que preparar as probas. Despois imprimir o pdf, e ter os materiais listos antes de empezar a xogar.

1º Que o/a neno/a escolla o premio, que os papás esconderedes, por exemplo, debaixo da cama, ou noutro lugar.

2º Prepararedes 4 probas que deberá pasar. Por exemplo, unha proba de escritura, outra de lectura de palabras, outra de pintar, unha proba de psicomotricidade, un puzzle, unha manualidade, un memory, …

3º Podemos disfrazar ao/a neno/a de pirata para darlle máis credibilidade, poñéndolle simplemente un pano na cabeza, un parche nun ollo, ou algún outro accesorio similar.

Aportámosvos un pdf coas instrucións e os pictogramas explicativos do xogo. Premede no título para baixalo.


Con este segundo xogo  fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e a comprensión lectora.




Está sacado do blog de caperucitafucsia. Consiste en 30 tarxetas nas que aparecen distintos retos con diferentes niveis de complexidade, nos que se irán repasando conceptos como cores, formas, letras, tamaños, …
Podedes plantexalo do seguinte modo: a medida que vaian acadando retos, por exemplo, cada cinco retos acadados, ou cada dez, irán gañando puntos para chegar a un premio final, que podería ser un pequeno xoguete, un paseo, un xeado, un postre que lles guste, …

Premede no título do xogo para baixalo.

luns, 1 de xuño de 2020

Dados máxicos para contar historias

Os dados ou cubos máxicos para contar historias ou Story cubes son un recurso moi interesante empregado para fomentar a creatividade, a memoria, o vocabulario, a expresión oral e escrita.
Normalmente aos nosos nenos e nenas encántalles escoitar contos e tamén inventalos, co cal podemos empregar dende xogos de dados comercializados, ata este outro tipo de ideas que podedes realizar nas vosas casas, que vos ofrecemos a continuación.

Imos a clasificar os dados deste xeito:
  • Dados con imaxes: Empréganse para comezar a crear contos con nenos/as pequenos/as. Conteñen personaxes, lugares, obxectos, medios de transporte, ...





  •  Dados con texto: Para inventar contos máis elaborados con nenos/as máis maiores. Conteñen protagonistas variados, lugares, épocas, accións ou situacións, obxectos máxicos e preguntas.



COMO SE FAN OS DADOS?

Para poder contar as historias o ideal sería que imprimirades varios dados diferentes, por exemplo, un dado de personaxes, outro de lugares, outro de obxectos, outro de medios de transporte,…
No caso dos dados de imaxes, os/as vosos/as nenos/as poderán pintalos das cores que máis lles gusten. 
Unha vez impresos os dados, se queredes podedes poñerlles forro adhesivo para que teñan unha maior duración.
Despois deberán recortalos coa vosa axuda, doblar as solapas, botarlles pegamento, pegalos e deixalos secar.
Aquí vos ofrecemos un vídeo elaborado por El Lapicero Mágico, no que vos explica paso a paso todo o proceso.


COMO SE XOGA?
A forma de proceder será a seguinte. Segundo o número de xogadores establecerase a quenda de xogo. O primeiro xogador tira un dado de  personaxes e outro de lugares, por exemplo, comeza dicindo un principio, e ten que ir inventando o conto incluíndo a ese personaxe que saiu na tirada no lugar correspondente.
O seguinte xogador tira un dado de obxectos e continúa o conto onde o deixou o primeiro.
O terceiro xogador tira un dado de medios de transporte e avanza no conto, e así sucesivamente…
Por último, aportámosvos uns anexos con posibles comezos e finais diferentes para as vosas historias.




Que contedes moitos contos!

“Si queremos enseñar a pensar, debemos antes enseñar a inventar”- Gianni Rodari

xoves, 28 de maio de 2020

Hora de cociñar!- 2

Imos a ofrecervos unha segunda entrega destas receitas sinxelas creadas por Iván González Carro, coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.

Poderedes empregar este momento en familia para traballar cos/as vosos/as fillos/as a linguaxe oral e o vocabulario a medida que ides facendo a receita.
RECEITAS SALGADAS
1.   Tortilla francesa.
2.   Lasaña.
3.   Pan Pizza.

RECEITAS DOCES
4.   Macedonia de frutas.
5.   Galletas de chocolate.
6.   Palmeritas.

Desfrutade moito do proceso e do resultado!

luns, 25 de maio de 2020

As palabras encadeadas

Imos a presentarvos agora varias versións do coñecido "xogo das palabras encadeadas”. Con el traballarase a conciencia fonolóxica, o vocabulario e a memoria dos/as nenos/as.

Tal e como o seu nome indica, trátase de ir encadeando palabras, collendo a última sílaba da anterior, para comezar a seguinte, por exemplo:

 Agora imos a darvos varias opcións:

1. A primeira delas é unha actividade con imaxes de Orientación Andújar.




2. A mesma autora, apórtanos unha actividade onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. A seguinte, na que deberán escribir a palabra que falta no cadro.



4. A cuarta, empregando tamén diversas imaxes. Neste caso deberán recortar os taboleiro de cores enteiros, e despois cada unha das imaxes. Sería recomendable, para comezar, ir facendo páxina a páxina. Aportámosvos unha versión en galego e outra en castelán.





 5. Ofrecémosvos tamén un vínculo coa páxina de SoyVisual.org onde podedes descargar dez archivos en formato interactivo para identificar tanto a sílaba inicial como final a través do xogo das palabras encadeadas. Os autores son Patricia González Núñez, Ana Isabel Montes Castillo e Belinda Haro.


 6. Por último, despois de practicar todas estas versión con imaxes e palabra, en formato papel e aplicación interactiva, podedes ensinarlles aos vosos fillos e fillas a versión oral do xogo.

Nesta, con dous ou máis xogadores, establécese unha quenda de xogo. O primeiro di unha palabra calquera, e o seguinte debe dicir unha palabra que comece coa sílaba última da anterior.

Como únicas normas, non se repiten as palabras xa anteriormente ditas, e non se permite o emprego de palabras cuxa última sílaba resulte imposible para o outro á hora de formar unha nova palabra.

Así que animádevos e… a xogar!

xoves, 21 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!


Agora que o estado de confinamento nos permite saír mais da casa. Podemos camiñar cos nosos fillos e ao mesmo tempo facer xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas!

ADIVIÑA ADIVIÑANZA
Pídelle ao teu fillo que pense nun número do 1 ata o 30 e inténtao adiviñar preguntándolle si é par ou impar, si é menor de 10, si está entre o 5 e o 10. Cando o acertes, podedes cambiar os papeis, pídelle que adiviñe o número que estás ti pensando.

EXPLOTAR  POMPAS DE XABÓN
Esta actividade divertida pódese practicar ao aire libre. Pídelle ao teu fillo que conte o números de pompas que  fas e cantas son capaces de explotar. Aumenta a dificultade pedíndolle que adiviñe o número de pompas que se formarán e cantas se conseguirán estoupar.

XA CHEGAMOS?
Cantas veces os nosos fillos nos preguntan, chegamos xa? Canto falta? Cando saiades a dar un paseo podedes facer esta divertida actividade. Pídelle que adiviñen canto se tarda en chegar a un determinado sitio e despois que calculen canto tempo se tardou realmente cun temporizador ou un cronómetro. Desta maneira, descubrirán o exactos que foron.

CANTO MIDE?
Cunha regra e varios obxectos pequenos, pídelle o teu fillo que che diga canto miden. Anota a resposta cun lapis e papel. Cando terminedes, proponlle que comparen a medida de cada obxecto.

Tamén podedes buscar un sitio na casa onde poidas medir ao teu fillo e cada certo tempo ver o que vai medrando. 



Espero que vos gusten!

mércores, 6 de maio de 2020

Analoxías

A continuación imos a presentarvos varias actividades con analoxías.
As analoxías consisten en comparar ou relacionar conceptos, obxectos ou experiencias, tendo en conta as súas características.
Nos nenos xeneran a  capacidade de razoamento lóxico, solución de problemas e ampliación de vocabulario.
Neste caso, centrarémonos nas analoxías lingüísticas.

1-Cristina González Otto na súa web con derecho a volar. com, preséntanos  unha serie de analoxías, ou relacións de semellanza entre distintos elementos.


2- Na páxina de Orientación Andújar atopamos estas sencillas actividades de analoxías para os máis pequenos.

3-Por outra banda aportámosvos agora unha serie de frases con analoxías, que ademáis traballan a comprensión lectora. Están sacadas da páxina de Orientación Andújar e foron elaboradas por María Olivares. Os nenos/as deberán completar as oracións, de forma que estas teñan sentido.

4-Compartimos tamén con vós estas de de Mª Carmen Pérez, autora de aulapt.com, realizadas con pictogramas de Arasaac, que traballan a comprensión lectora de frases.


5- Por último, amosámosvos este xogo online que nos presenta a http://www.aprenderjuntos.cl/ que pode resultarvos interesante. Entrade ao enlace e buscade “Analogías Verbales”. Que o/a voso/a fillo/a complete as analoxías elexindo a alternativa correcta. Para elo debe empregar os números do teclado.

MOTRICIDADE

ACTIVIDADES CASEIRAS COS TAPÓNS DO LEITE

Cun material tan caseiro, podemos elaborar un taboleiro co que faremos distintas actividades. Deste xeito traballaremos a psicomotricidade fina ao mesmo tempo que os números, as letras, as cores...etc....




PUZLE CON PEZAS                   CAIXAS DE ENCAIXABLES
                                        Para traballar a motricidade
Para traballar a xeometría                                                                
e a lóxica con nenos pequenos.      









XEOMETRÍA
Quebracabezas. Ideal para traballar as figuras xeométricas así como a motricidade. 

        PINZAS DE CORES


Podemos  elaborala moi facilmente, soamente temos que ter unhas pinzas de cores, ou no seu caso, pintalas se son de madeira. Ademais de traballar as cores, tamén traballamos a motricidade fina. 



TULIPÁNS CON CARTÓN E LÁ.
Esta técnica favorece a motricidade fina e a destreza nos movementos manuais.
O primeiro que faremos e cortar o cartón da forma que queiramos ( flores, animais, estrelas, lúas,...).
Agora enrolamos a lá no cartón e dámoslle voltas, hasta que quede un pouco tupido.
Por último pégase o final da lá, preferiblemente con cola branca. Deixamos secar para logo colocar un depresor de madeira ou un pau.
Se non temos lá, outra opción para usar poden ser cordóns de cores, cintas...

BANDEXAS DE SAL                   
              









A divertirse!

venres, 1 de maio de 2020

Hora de cociñar!

A continuación imos a ofrecervos unha serie de receitas sinxelas creadas por Ivan González Carro, cos ingredientes, utensilios e os pasos a seguir moi ben explicados coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.
Será moi bo momento para traballar a linguaxe oral e o vocabulario se a medida que ides facendo a receita a ides verbalizando en todo momento, dicindo en voz alta os ingredientes e cada unha das partes do proceso.
Seguro que disfrutaredes moito da súa preparación e, aínda máis, da súa degustación! 
RECEITAS SALGADAS
1.   Ensalada de pasta.
2.   Fajitas de pollo.
3.   Minipizzas.

RECEITAS DOCES
4.   Crepes blanco y negro.
5.   Dulces de melocotón.
6. Galletas Chips.





- "Para mí no hay un gran chef sin un gran equipo".- Daniel Boulud.

mércores, 29 de abril de 2020

Xogo da Oca Humana

Querémosvos amosar este Xogo da Oca Humana, que nos presenta Encarni Mindez Verdejo na páxina de Arasaac e pareceunos moi divertido para traballar diversos aspectos da linguaxe en familia á vez que os nenos e nenas o pasan moi ben!
Ofrécense dúas ocas como modelo:

  • OCA I: Unha sinxela para os nenos/as máis pequenos con actividades de motricidade grosa e onomatopeas de animais. Apórtanse tamén as Instrucións.



  •   OCA II: Outra para nenos/as máis maiores, que inclúe adiviñas, imitación de xestos e categorías. Apórtanse as instrucións e o vocabulario de accións, animais e obxectos.



Desenvolvemento do xogo:
Teredes que imprimir as casillas en tamaño grande e distribuílas por todo o chan da habitación ou da sala.
As fichas serán os propios xogadores e necesitaredes un dado, canto máis grande mellor, que pode ser con números en vez de con puntos.
O xogo consistirá en ir tirando o dado e cando o xogador caia nunha casilla terá que realizar a acción que se lle indique. A continuación tirará outro xogador, e así sucesivamente. Gañará o que chegue antes á meta.

luns, 27 de abril de 2020

ARTICULACIÓN DE FONEMAS

A continuación presentámosvos unha serie de tres vídeos sacados do canal de YouTube de Eugenia Romero, onde nos amosa como se poden aprender a pronunciar varios fonemas. Neste caso, os fonemas S, Z e R.

·         Aprendo a articular la S:



  • Aprendo a articular la Z:
   
·         Aprendo a articular la R:



sábado, 25 de abril de 2020

Saímos de paseo

Parece que vai chegando o día, por fin mañá, domingo 26 de abril, poderá saír do seu encerro a rapazada menor de 14 anos. Sen embargo, esta saída terá que cumprir os requisitos recollidos na seguinte infografía do Ministerio de Sanidade:

As nosas fillas e os nosos fillos, despois de todo o tempo que levan confinados, poden estar experimentando un contraste de sensacións e emocións, ante esta saída, aos que nós temos que estar atentos. Deixamos aquí unhas reflexións realizadas por Álvaro Bilbao, que pensamos é importante ter en conta:

Podedes atopar máis consellos para a saída premendo aquí.

Ánimo, xa vai quedando menos!

venres, 24 de abril de 2020

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA I

Gustaríanos compartir con vós un xogo para traballar a discriminación auditiva de palabras, para realizar con nenos que teñan dificultades para diferenciar auditivamente entre dous sons, tales como P/B, D/T, R/D, R suave/R forte, S/Z. 
O xogo denomínase "Tum, tum, ¿quién es? ¡Abre la muralla!", unha idea aportada polo blog Aula de pt.

Para elo soamente necesitaredes unha caixa de cartón, por exemplo, das de cereais.
Explicación do xogo:
·        Coa caixa de cereais construídes unha torre dunha muralla. Nela debuxades e recortades unha porta e varias fiestras. Podedes tomar como referencia a da imaxe. Por outra banda precisades tamén unha bandeira pintada coas cores que máis vos gusten.
·        Na parede da muralla pegades unha cartulina co son que nese momento escollades para xogar, por exemplo, o R.
·        Nunha das fiestras colocades a bandeira, de tal xeito que indique quen pode entrar ou non na torre da muralla.
·        O neno/a terá que ir dicindo as palabras e decidindo se poden entrar ou non (soamente entrarán as que leven dito son). De cada vez irase dicindo “Abre a muralla!”.
·        Ao final da partida facemos reconto oral das que entraron e das que non. Dese xeito reforzamos as palabras traballadas.

No seguinte enlace atoparedes as imaxes das seguintes parellas: P/B, D/T,
R/D, S/Z e R forte/ R suave. Podédelas descargar en galego ou castelán.
- INFANTIL: P/B e D/T xa que só terán que discriminar o son polo que empeza a palabra.
- PRIMARIA: R/D, S/Z e R forte/ R suave. 


Adestramos a nosa atención



A atención é como unha lanterna, axúdanos a ver o que enfocamos. Se estamos nunha habitación ás escuras e alumamos cunha lanterna, só poderemos ver a parte que esta ilumina. Do mesmo xeito, cando centramos a nosa atención sobre o que hai que facer, estamos axudando aos nosos ollos a iluminar o que buscamos.




Igual que os músculos do noso corpo se poden exercitar e fortalecer cuns exercicios específicos, tamén podemos adestrar a nosa atención, centrando os nosos sentidos segundo necesitemos: ver, escoitar, saborear, ulir ou sentir uns estímulos sobre outros.

Para adestrar a vosa atención, deixámosvos algunha proposta:
  • Estando nunha habitación onde poida haber moito barullo, Intentade centrar os vosos oídos nunha única voz, intentando seguir o que di.
  • Cando compartades o xantar coa vosa familia, e metades un anaco de comida na boca, intentade descubrir os distintos sabores que tedes na boca.
  • Mirando pola ventá da vosa casa, intentade diferenciar entre os distintos obxectos ou cousas que vedes.
  • Recorrede a vosa casa en busca de distintos olores: xabón, colonias, comidas, lixo, ...
  • Facede unha lista coas cousas que vos fan poñer a pel de galiña: cóxegas, frío, un esbirro, ...

No seguinte enlace deixámosvos unha recompilación de fichas (recollidas de Orientación Andújar) para axudar ao voso cerebro a adestrar a atención:
Por último, é moi importante ter presente os seguintes pasos na resolución de calquera tarefa:
  1. Saber/entender o que se pide.
  2. Pensar na súa solución
  3. Solucionalo
  4. Revisar a solución