Traductor

venres, 24 de abril de 2020

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA I

Gustaríanos compartir con vós un xogo para traballar a discriminación auditiva de palabras, para realizar con nenos que teñan dificultades para diferenciar auditivamente entre dous sons, tales como P/B, D/T, R/D, R suave/R forte, S/Z. 
O xogo denomínase "Tum, tum, ¿quién es? ¡Abre la muralla!", unha idea aportada polo blog Aula de pt.

Para elo soamente necesitaredes unha caixa de cartón, por exemplo, das de cereais.
Explicación do xogo:
·        Coa caixa de cereais construídes unha torre dunha muralla. Nela debuxades e recortades unha porta e varias fiestras. Podedes tomar como referencia a da imaxe. Por outra banda precisades tamén unha bandeira pintada coas cores que máis vos gusten.
·        Na parede da muralla pegades unha cartulina co son que nese momento escollades para xogar, por exemplo, o R.
·        Nunha das fiestras colocades a bandeira, de tal xeito que indique quen pode entrar ou non na torre da muralla.
·        O neno/a terá que ir dicindo as palabras e decidindo se poden entrar ou non (soamente entrarán as que leven dito son). De cada vez irase dicindo “Abre a muralla!”.
·        Ao final da partida facemos reconto oral das que entraron e das que non. Dese xeito reforzamos as palabras traballadas.

No seguinte enlace atoparedes as imaxes das seguintes parellas: P/B, D/T,
R/D, S/Z e R forte/ R suave. Podédelas descargar en galego ou castelán.
- INFANTIL: P/B e D/T xa que só terán que discriminar o son polo que empeza a palabra.
- PRIMARIA: R/D, S/Z e R forte/ R suave. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario