Traductor

mércores, 22 de abril de 2020

Día da Terra 2020


Hoxe celébrase o día da Terra. Parece que desde que estamos confinados nas casas, os elementos naturais das nosas paisaxes foron recuperando os seus espazos: aire máis limpo, animais salvaxes  con maior liberdade de movemento, ...

Para celebrar este día, Google dedicou o seu doodle ás abellas, ese pequeno insecto colorido que nos resulta tan beneficioso. 
Ao longo do día de hoxe, cada vez que entremos en Google e premendo enriba do doodle, podemos axudar a unha delas a recoller o pole das flores e facer que florezan outras ao seu paso. Animádevos a xogar!

Anímovos tamén a coller unha semente que teñades na casa: unha pebida de mazá, unha lentella, un garavanzo, ... e sementala. Necesitaredes: un vaso dun iogur, un anaco de algodón, a semente e un pouquiño de auga.
Mollade un pouco o algodón coa auga, colocádeo no vaso do iogur coa semente; poñédeo onde reciba claridade e a esperar...
Asegurádevos que que o algodón se manteña lixeiramente mollado. 
Observade a semente todos os días para ver a súa evolución.
Cando isto pase e poidamos saír das nosas casas, poderemos axudar á Terra, plantando o que conseguimos xerminar na casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario