Traductor

Amosando publicacións coa etiqueta vocabulario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vocabulario. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2020

Dominós

Hoxe compartimos con vós un material de elaboración propia polas mestras de A.L. a partir de pictogramas de Arasaac: os DOMINÓS. 
Este material é moi útil para traballar a conciencia fonolóxica e iniciar a lectoescritura. Ademais, poderedes desfrutar xogando cos vosos/as fillos/as mentres eles aprenden!
Empregar este material é moi sinxelo: 
1.   Deberedes descargar (atoparedes o enlace ao final) e imprimir os que desexedes. 
2. Os/as nenos/as deberán colorealos ao seu gusto e recortalos. Recomendamos plastificalo xa que o xogo aguantará moito máis tempo!
3.     Unha vez feito isto, poderedes xogar ao dominó cos vosos/as nenos/as!

A continuación presentámosvos os dominós que poderedes descargar. Están ordenados por números e atoparédelos tanto en galego como en castelán.
  • Sílabas e animais: castelán (1) - galego (2)

  • Palabras cos sons: s, za, zo, zu, ce, ci: castelán (3) - galego (4).



  • Palabras con R suave: castelán (5) - galego (6).

  • Palabras con R forte: castelán (7) - galego (8).

  • Sinfóns e sílabas trabadas: castelán (9) - galego (10).



DESCARGAR O MATERIAL: DOMINÓS

luns, 8 de xuño de 2020

A linguaxe descritiva

Imos a propoñervos varias actividades para practicar a descrición ou linguaxe descritiva xa dende as primeiras idades.

Describir é explicar ou narrar de forma detallada e ordenada como son as persoas, os animais, os lugares, os obxectos e os sentimentos.

Tal e como nos di Isabel Bermejo, describir é "pintar con palabras", e serve, ademais, para traballar vocabulario, expresión e comprensión oral e escrita.





ACTIVIDADE Nº1. A autora desta actividade é Sandra López Abós, de "Comienza La Aventura". Contén varios círculos nos que aparecen características coma "forma", "tamaño", "cor", e "uso", ademais dun total de corenta tarxetas con fotografías de obxectos reais para describir.

PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE:


Deberedes imprimir os catro círculos de cores, recortalos, se queredes plastificalos ou pegarlles forro adhesivo para que teñan unha maior consistencia e duración, e preparar pinzas da roupa ou pinzas pequenas de papelería.
As tarxetas non é necesaro que as imprimades, xa que pode ser suficiente con ilas vendo na pantalla do ordenador.

COMO SE XOGA?

O/A neno/a observará ou collerá unha tarxeta e irá colocando as pinzas en cada un dos círculos que indican as diferentes categorías. Por exemplo, se colle a tarxeta do peluche do monstro, colocará unha pinza na cor verde, na forma irregular, en que se emprega para divertirse e en que é de tamaño mediano.
Incluso se podería facer á inversa: Colocar pinzas nas diversas características e dar a elexir ao neno entre varias tarxetas de obxectos para que escolla a que lle corresponde a esa descrición.



ACTIVIDADE Nº2. Agora ofrecémosvos un enlace a unha actividade interactiva para nenos máis maiores, a partir de terceiro curso de Educación Primaria, creada por "el lapicero mágico". Consta de catro apartados: 

1º: Descrición dun personaxe.
2º: Descrición dun lugar.
3º: Descrición de animais.
4º: Descrición de paisaxes.

ACTIVIDADE Nº3. Daniel Hernández Ruiz preséntanos estas cinco actividades interactivas consistentes en aprender a describir de forma física ás persoas:

1- "Descripciones del físico equivocadas", aparece unha descrición con erros e unha fotografía. Observando a fotografía da persoa, trátase de atopar o erro do texto.
2- "¿Quién es?", aparece unha descrición e dúas fotografías. Os vosos/as fillos/as deberán ler a descrición e conforme a ela clicar na fotografía que crean que é a correcta.
3- "¿Quién es quién?", xogarán a adiviñar o personaxe escondido a través dunha serie de preguntas.
4- Memory das descricións físicas.
5- Expresión oral ou escrita.

ACTIVIDADE Nº4. A última das actividades emprega as figuras dos superheroes e as súas descricións. Está elaborada por @caperucitafucsia do blog http://caperucitafucsia.blogspot.com e consta de dezaseis tarxetas con superheroes e as súas descricións e, por outra, seis tarxetas con preguntas sobre as súas características.

PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE:

Deberedes imprimir as tarxetas dos superheroes e as das preguntas e despois recortalas. Se queredes pódense plastificar ou forrar con forro adhesivo.

COMO SE XOGA?

Poderase xogar en parella ou en familia.
Deberanse poñer todas as cartas boca abaixo nunha mesa ou no chan e os/as nenos/as terán que escoller unha carta dun superheroe ao azar e ler a súa descrición. Posteriormente, deberán que ir levantando as diferentes preguntas e ir respondéndoas para ese superheroe.
O seguinte xogador escollerá outro ata e realizará os mesmos pasos ca o anterior, así ata completalos todos.



Esperamos que vos gusten!

"La imaginación es una función de la experiencia."- Gianni Rodari 

luns, 1 de xuño de 2020

Dados máxicos para contar historias

Os dados ou cubos máxicos para contar historias ou Story cubes son un recurso moi interesante empregado para fomentar a creatividade, a memoria, o vocabulario, a expresión oral e escrita.
Normalmente aos nosos nenos e nenas encántalles escoitar contos e tamén inventalos, co cal podemos empregar dende xogos de dados comercializados, ata este outro tipo de ideas que podedes realizar nas vosas casas, que vos ofrecemos a continuación.

Imos a clasificar os dados deste xeito:
  • Dados con imaxes: Empréganse para comezar a crear contos con nenos/as pequenos/as. Conteñen personaxes, lugares, obxectos, medios de transporte, ...





  •  Dados con texto: Para inventar contos máis elaborados con nenos/as máis maiores. Conteñen protagonistas variados, lugares, épocas, accións ou situacións, obxectos máxicos e preguntas.



COMO SE FAN OS DADOS?

Para poder contar as historias o ideal sería que imprimirades varios dados diferentes, por exemplo, un dado de personaxes, outro de lugares, outro de obxectos, outro de medios de transporte,…
No caso dos dados de imaxes, os/as vosos/as nenos/as poderán pintalos das cores que máis lles gusten. 
Unha vez impresos os dados, se queredes podedes poñerlles forro adhesivo para que teñan unha maior duración.
Despois deberán recortalos coa vosa axuda, doblar as solapas, botarlles pegamento, pegalos e deixalos secar.
Aquí vos ofrecemos un vídeo elaborado por El Lapicero Mágico, no que vos explica paso a paso todo o proceso.


COMO SE XOGA?
A forma de proceder será a seguinte. Segundo o número de xogadores establecerase a quenda de xogo. O primeiro xogador tira un dado de  personaxes e outro de lugares, por exemplo, comeza dicindo un principio, e ten que ir inventando o conto incluíndo a ese personaxe que saiu na tirada no lugar correspondente.
O seguinte xogador tira un dado de obxectos e continúa o conto onde o deixou o primeiro.
O terceiro xogador tira un dado de medios de transporte e avanza no conto, e así sucesivamente…
Por último, aportámosvos uns anexos con posibles comezos e finais diferentes para as vosas historias.




Que contedes moitos contos!

“Si queremos enseñar a pensar, debemos antes enseñar a inventar”- Gianni Rodari

luns, 25 de maio de 2020

As palabras encadeadas

Imos a presentarvos agora varias versións do coñecido "xogo das palabras encadeadas”. Con el traballarase a conciencia fonolóxica, o vocabulario e a memoria dos/as nenos/as.

Tal e como o seu nome indica, trátase de ir encadeando palabras, collendo a última sílaba da anterior, para comezar a seguinte, por exemplo:

 Agora imos a darvos varias opcións:

1. A primeira delas é unha actividade con imaxes de Orientación Andújar.




2. A mesma autora, apórtanos unha actividade onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. A seguinte, na que deberán escribir a palabra que falta no cadro.



4. A cuarta, empregando tamén diversas imaxes. Neste caso deberán recortar os taboleiro de cores enteiros, e despois cada unha das imaxes. Sería recomendable, para comezar, ir facendo páxina a páxina. Aportámosvos unha versión en galego e outra en castelán.





 5. Ofrecémosvos tamén un vínculo coa páxina de SoyVisual.org onde podedes descargar dez archivos en formato interactivo para identificar tanto a sílaba inicial como final a través do xogo das palabras encadeadas. Os autores son Patricia González Núñez, Ana Isabel Montes Castillo e Belinda Haro.


 6. Por último, despois de practicar todas estas versión con imaxes e palabra, en formato papel e aplicación interactiva, podedes ensinarlles aos vosos fillos e fillas a versión oral do xogo.

Nesta, con dous ou máis xogadores, establécese unha quenda de xogo. O primeiro di unha palabra calquera, e o seguinte debe dicir unha palabra que comece coa sílaba última da anterior.

Como únicas normas, non se repiten as palabras xa anteriormente ditas, e non se permite o emprego de palabras cuxa última sílaba resulte imposible para o outro á hora de formar unha nova palabra.

Así que animádevos e… a xogar!

mércores, 20 de maio de 2020

As familias de palabras

As familias de palabras, ou familias léxicas, son aquelas palabras que comparten a mesma raíz ou lexema, e que polo tanto, teñen certa relación de significado.
Parten dunha palabra primitiva, que é unha palabra que non procede doutra, e de palabras derivadas, formadas a partir desta primeira, coa mesma raíz e cun significado relacionado coa primeira. 
E, por suposto, as familias de palabras son un excelente recurso para traballar o vocabulario e o razoamento verbal.
Agora imos a amosarvos unha serie de actividades acerca das familias de palabras:

  1.  María Olivares presenta unha actividade onde se deberán formar tres palabras derivadas a partir dunha palabra primitiva.


2. A mesma autora, apórtanos unha actividades onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. Por outra banda, queremos compartir con vós un fantástico material que elaborou Ana Álvarez de @teachingtachan "el juego de las familias de palabras”.

xoves, 14 de maio de 2020

Atopar os absurdos

Atopar os absurdos é unha actividade para encontrar erros ou incoherencias en frases, textos ou imaxes. Serve para traballar tanto a expresión oral coma o razoamento verbal e o vocabulario.

1- Presentámosvos agora unhas láminas sacadas da páxina de mírameyaprenderás.wordpress.com. Nelas aparecen unha serie de absurdos visuais, con escenas e personaxes que non deberían aparecer e que están totalmente fóra de lugar. Os/As nenos/as deberán localizalas e verbalizalas en forma de oración. Podedes axudalos/as guiando un pouco a conversa con axuda de preguntas abertas, nunca de si/non.


A continuación propoñémosvos unha serie de actividades para traballar os absurdos verbais, recompiladas da páxina de Orientación Andújar.
2- Nesta os/as nenos/as deberán averiguar a parte incorrecta de cada oración despois de lela, e dicir o que hai que cambiar.

3- Nestoutra terán que identificar os absurdos dentro das oracións das tarxetas.


4- Estas foron creadas por María Olivares:


5- A última actividade, na que teñen que identificar os absurdos dentro destas oracións:

venres, 8 de maio de 2020

Xogo:¡Arriba el lápiz!

Presentámosvos un xogo para xogar en familia.
Consiste en pensar e escribir palabras que comecen por unha letra determinada das diferentes categorías que están postas no taboleiro. Neste caso: nomes, cores, animais, comida e obxectos.
O primeiro que remate de escribir todas as palabras ten que dicir:”¡Arriba el lápiz!” e os demáis deberán parar de escribir.
A continuación contaranse todas as palabras escritas e cada unha sumará un punto. Ao final das partidas farase reconto dos puntos dos xogadores e gañará o que teña máis!

Para xogar soamente teredes que imprimir un taboleiro creado por Ana Micol Gracia para Arasaac por cada participante.
Apórtanse o taboleiro e as instrucións.


mércores, 6 de maio de 2020

Analoxías

A continuación imos a presentarvos varias actividades con analoxías.
As analoxías consisten en comparar ou relacionar conceptos, obxectos ou experiencias, tendo en conta as súas características.
Nos nenos xeneran a  capacidade de razoamento lóxico, solución de problemas e ampliación de vocabulario.
Neste caso, centrarémonos nas analoxías lingüísticas.

1-Cristina González Otto na súa web con derecho a volar. com, preséntanos  unha serie de analoxías, ou relacións de semellanza entre distintos elementos.


2- Na páxina de Orientación Andújar atopamos estas sencillas actividades de analoxías para os máis pequenos.

3-Por outra banda aportámosvos agora unha serie de frases con analoxías, que ademáis traballan a comprensión lectora. Están sacadas da páxina de Orientación Andújar e foron elaboradas por María Olivares. Os nenos/as deberán completar as oracións, de forma que estas teñan sentido.

4-Compartimos tamén con vós estas de de Mª Carmen Pérez, autora de aulapt.com, realizadas con pictogramas de Arasaac, que traballan a comprensión lectora de frases.


5- Por último, amosámosvos este xogo online que nos presenta a http://www.aprenderjuntos.cl/ que pode resultarvos interesante. Entrade ao enlace e buscade “Analogías Verbales”. Que o/a voso/a fillo/a complete as analoxías elexindo a alternativa correcta. Para elo debe empregar os números do teclado.