Un dos obxectivos máis importantes á hora entender
o medio que nos rodea, é extraer a información no formato que esta se nos
presente.
Cando facemos a compra nun supermercado
temos que atender á letra pequena das etiquetas para coñecer toda a información
que dese produto deriva: data de envasado, de caducidade, compoñentes
nutricionais, posibles alérxenos, ...
Se temos que realizar algún formalismo, sexa no
banco, no concello, no centro de saúde ou no centro educativo, perdémonos con
toda a información que se nos pide, moitas veces son datos sinxelos, pero
outras veces non tanto.
Para intentar adestrar á nosa cativada para
a comprensión da información independentemente do formato no que se nos amose,
resulta de moita utilidade poñelos ante situacións reais, sempre atendendo á
súa idade.
Unha destas situacións prácticas pode ser no
supermercado: pedirémoslles que nos localicen tal produto, sendo este da
característica que nos lle indiquemos. Ou que nos miren o prezo dunha froita.
Ou que nos busquen as galletas que non teñan glute, ...
Se imos pola rúa, podemos pedirlles que
miren o horario dun establecemento, ou o que se nos indica con tal sinal de
tráfico, ... Podemos pedirlles tamén que se fixen nas nubes ou nas pólas das
árbores para saber se hai vento, se podería chover, ...
En definitiva, é importante que desde moi
pequenos vaiamos transmitíndolle a importancia da observación, sendo esta un
factor clave para atopar e interpretar a información.
Déixovos un material interactivo, atopado en ARASAAC e adaptado ao galego, para
traballar este aspecto tan importante, a observación e comprensión da
información que nos facilitan.
Anímovos a ser grandes observadores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario