Traductor

luns, 1 de xuño de 2020

Dados máxicos para contar historias

Os dados ou cubos máxicos para contar historias ou Story cubes son un recurso moi interesante empregado para fomentar a creatividade, a memoria, o vocabulario, a expresión oral e escrita.
Normalmente aos nosos nenos e nenas encántalles escoitar contos e tamén inventalos, co cal podemos empregar dende xogos de dados comercializados, ata este outro tipo de ideas que podedes realizar nas vosas casas, que vos ofrecemos a continuación.

Imos a clasificar os dados deste xeito:
  • Dados con imaxes: Empréganse para comezar a crear contos con nenos/as pequenos/as. Conteñen personaxes, lugares, obxectos, medios de transporte, ...





  •  Dados con texto: Para inventar contos máis elaborados con nenos/as máis maiores. Conteñen protagonistas variados, lugares, épocas, accións ou situacións, obxectos máxicos e preguntas.



COMO SE FAN OS DADOS?

Para poder contar as historias o ideal sería que imprimirades varios dados diferentes, por exemplo, un dado de personaxes, outro de lugares, outro de obxectos, outro de medios de transporte,…
No caso dos dados de imaxes, os/as vosos/as nenos/as poderán pintalos das cores que máis lles gusten. 
Unha vez impresos os dados, se queredes podedes poñerlles forro adhesivo para que teñan unha maior duración.
Despois deberán recortalos coa vosa axuda, doblar as solapas, botarlles pegamento, pegalos e deixalos secar.
Aquí vos ofrecemos un vídeo elaborado por El Lapicero Mágico, no que vos explica paso a paso todo o proceso.


COMO SE XOGA?
A forma de proceder será a seguinte. Segundo o número de xogadores establecerase a quenda de xogo. O primeiro xogador tira un dado de  personaxes e outro de lugares, por exemplo, comeza dicindo un principio, e ten que ir inventando o conto incluíndo a ese personaxe que saiu na tirada no lugar correspondente.
O seguinte xogador tira un dado de obxectos e continúa o conto onde o deixou o primeiro.
O terceiro xogador tira un dado de medios de transporte e avanza no conto, e así sucesivamente…
Por último, aportámosvos uns anexos con posibles comezos e finais diferentes para as vosas historias.




Que contedes moitos contos!

“Si queremos enseñar a pensar, debemos antes enseñar a inventar”- Gianni Rodari

Ningún comentario:

Publicar un comentario