Traductor

xoves, 18 de xuño de 2020

Xogos para a casa

Imos a propoñervos agora varios xogos:


Trátase dun xogo moi divertido e dinámico para xogar na casa  cos/as vosos/as fillos e fillas, que nos presenta Victoria Bermejo González, empregando os pictogramas de Arasaac.

Con este xogo fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e todo o que vos queirades, dependendo das probas que escollades para os/as vosos/as nenos/as.


Neste caso primeiro teredes que preparar as probas. Despois imprimir o pdf, e ter os materiais listos antes de empezar a xogar.

1º Que o/a neno/a escolla o premio, que os papás esconderedes, por exemplo, debaixo da cama, ou noutro lugar.

2º Prepararedes 4 probas que deberá pasar. Por exemplo, unha proba de escritura, outra de lectura de palabras, outra de pintar, unha proba de psicomotricidade, un puzzle, unha manualidade, un memory, …

3º Podemos disfrazar ao/a neno/a de pirata para darlle máis credibilidade, poñéndolle simplemente un pano na cabeza, un parche nun ollo, ou algún outro accesorio similar.

Aportámosvos un pdf coas instrucións e os pictogramas explicativos do xogo. Premede no título para baixalo.


Con este segundo xogo  fomentarase a psicomotricidade grosa e fina, a creatividade, a imaxinación, a expresión oral, e a comprensión lectora.




Está sacado do blog de caperucitafucsia. Consiste en 30 tarxetas nas que aparecen distintos retos con diferentes niveis de complexidade, nos que se irán repasando conceptos como cores, formas, letras, tamaños, …
Podedes plantexalo do seguinte modo: a medida que vaian acadando retos, por exemplo, cada cinco retos acadados, ou cada dez, irán gañando puntos para chegar a un premio final, que podería ser un pequeno xoguete, un paseo, un xeado, un postre que lles guste, …

Premede no título do xogo para baixalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario