As familias de palabras, ou familias
léxicas, son aquelas palabras que comparten a mesma raíz ou lexema, e que polo
tanto, teñen certa relación de significado.
Parten dunha palabra primitiva, que é unha palabra que non procede doutra,
e de palabras derivadas, formadas a partir desta primeira, coa mesma raíz e cun
significado relacionado coa primeira.
E, por suposto, as familias de palabras son un excelente recurso para traballar o vocabulario e o razoamento verbal.
Agora imos a amosarvos unha serie de actividades acerca das familias de palabras:
1. María Olivares presenta
unha actividade onde se deberán formar tres palabras derivadas a partir dunha
palabra primitiva.

2. A mesma autora, apórtanos unha actividades
onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou
en cada unha destas familias de palabras.

3. Por outra banda, queremos compartir con vós un
fantástico material que elaborou Ana Álvarez de @teachingtachan "el juego de las familias de palabras”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario