Traductor

martes, 21 de abril de 2020

SOPRO I

Nos nenos/as pequenos/as os exercicios de sopro son útiles para axudar a que sexan conscientes do acto de respirar e a entrenar os músculos que participan na fala. 
Por iso, tamén deberán realizarse cando aparecen dificultades na linguaxe oral.

O primeiro que deberemos explicar aos nenos e nenas é que a respiración consta de tres fases:
      1ª : Coller o aire ou inspiración - deberá ser sempre polo nariz.
      2ª : Reter o aire uns segundos.
    3ª : Expulsión do aire ou espiración- deberá ser pola boca.

Aquí vos presentamos algún exemplos de actividades sinxelas e divertidas que poderedes realizar cos vosos fillos e fillas empregando materiais que podemos atopar pola casa.

1- Coloreamos soprando! Para isto será necesario: papel, unha palliña e témpera. No caso de non ter cores na casa, pódese utilizar auga con colorante sobre unha cartolina. 
A continuación, deixámosvos a plantilla de “Rincón de una maestra” que poderedes descargar e imprimir. 


  2- Creamos un dragón!. Primeiro cun rolo de papel hixiénico debemos crear o noso dragón. Non vos olvidedes dos ollos, do nariz e, por suposto, do lume. O lume debe ser dun material que o neno/a poida mover con facilidade ao soplar como tiras de papel, fio, etc.


  3- Mover obxectos de papel utilizando unha palliña 
Agora imos practicar a succión. Esta actividade consiste en pescar a maior cantidade de peixes posibles. 
Para elo teredes que imprimir o documento que vos presentamos, pintar os peixes e despois recortar os círculos.
Cunha palliña o neno/a terá que ir succionando e collendo o maior número de círculos posibles para metelos na peceira.
Ata podedes facer un concurso familiar a ver quen consegue meter máis peixes na peceira!
No seguinte enlace podedes descargar o xogo (Sopro I):
https://drive.google.com/drive/folders/1rX2fDZr8X5otgHQtZx-ajqqIsRPzNur1

  4- Xoguete con material reciclado.
Eugenia Romero explícanos nun vídeo no seu blog como facer un xoguete de sopro empregando materiais reciclados. Para elo soamente precisamos:
·         unha botella de plástico de auga baleira.
·         unha palliña flexible,
·         tesoiras,
·         boliñas de papel ou unha pelota lixeira.

Procedemento:
1- Primeiro cortamos a parte superior da botella para facer un embudo.
2- Facemos un burato ao tapón do tamaño da palliña.
3- Acortamos os extremos da palliña.
4- Introducimos a palliña polo burato e colocamos a pelota dentro. Se non tendes unha pelota que pese pouco, podedes empregar unha bola de papel.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario