Traductor

mércores, 10 de xuño de 2020

Xogo: "Simón e Simona din...."

Imos a presentarvos un xogo de elaboración propia por parte das mestras de A.L: "Simón e Simona din...". A idea parte do popular xogo "Simón dice". Neste caso, os protagonistas do xogo serán un neno e unha nena, Simón e Simona, os cales darán instrucións axudados polos pictogramas de Arasaac para que sexa máis sinxelo.

Simón e Simona foron moi responsables cumprindo todas e cada unha das normas. Foron capaces de quedar na casa un total de case noventa días e, ademais, continuaron facendo o traballo que lle mandaban os seus mestres/as! 
Converténdose así en superheroes, ao igual que o resto de nenos/as que foron quen de cumprir o que lles pedían a pesar de que non puidesen nin xogar cos seus amigos e amigas!
Con este xogo traballaremos dende a comprensión de ordes, a expresión oral, a motricidade grosa e fina, as praxias labiais e linguais, a lateralidade, e a atención. Ademais, poderedes descargalo tanto en galego coma en castelán.
COMO PREPARAR O XOGO:
Podedes facer de dúas maneiras: A máis ecolóxica é descargar o documento nun dispositivo electrónico (tablet, ordenador ou móbil) e ir mirando o pdf. A outra opción sería imprimir as páxinas (pode ser en folios a dobre cara) e, se queredes, forralas con forro adhesivo ou plastificalas para unha maior duración. Finalmente, teredes que recortar as tarxetas.
COMO XOGAR
O xogo consiste en seguir as ordes que nos van dando Simón e Simona. As ordes de Simón serán relativas á linguaxe (tarxetas verdes), e as de Simona á motricidade grosa e fina (tarxetas azuis).














Un xogador/a pode facer de Simón e outro/a de Simona. A quen lle toque lerá a orde que mandan Simón ou Simona. Unha vez realizada correctamente a orde por todos os participantes, poderase pasar á seguinte ronda.
Recomendación: Co alumnado de Educación Infantil só xogar coas tarxetas de Simona (azuis). As tarxetas de Simón (verdes) son idóneas para Primaria.
Pasar tiempo jugando con niños nunca será tiempo perdido.”- Dawn Lantero

Ningún comentario:

Publicar un comentario