Traductor

venres, 29 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!

XOGOS MATEMÁTICOS PARA OS MÁIS MAIORES!


Esta nova entrada do blog, pretende que pasedes un rato divertido con diferentes xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas! 



Sabueso rétache a unha carreira de calculo mental. Gaña quen chega antes á meta. Atréveste?




Divertido xogo de ciencias. Elixe os xogadores, a cor da vosa ficha, tira o dado e contesta ben as preguntas. Moita sorte!



Por último, se premedes no enlace veredes un divertido xogo de fraccións.









Animádevos a xogar!

xoves, 28 de maio de 2020

Hora de cociñar!- 2

Imos a ofrecervos unha segunda entrega destas receitas sinxelas creadas por Iván González Carro, coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.

Poderedes empregar este momento en familia para traballar cos/as vosos/as fillos/as a linguaxe oral e o vocabulario a medida que ides facendo a receita.
RECEITAS SALGADAS
1.   Tortilla francesa.
2.   Lasaña.
3.   Pan Pizza.

RECEITAS DOCES
4.   Macedonia de frutas.
5.   Galletas de chocolate.
6.   Palmeritas.

Desfrutade moito do proceso e do resultado!

martes, 26 de maio de 2020

Habilidades sociais


As Habilidades Sociais son unhas das aprendizaxes mais importantes a ter en conta nos nosos cativos, posto que son un conxunto de condutas que nos van a permitir desenvolvernos eficazmente ante situacións sociais, podendo establecer relacións axeitadas con outros e resolver conflitos e para o autocontrol emocional.

Podedes premer neste enlace https://www.educapeques.com/escuela-de-padres/habilidades-sociales-educar-para-las-relaciones-sociales.html onde tendes un bo artigo titulado “ habilidades sociales: Educar para las relaciones sociales” no que destacan como habilidades sociais básicas:

Apego: capacidade de establecer lazos afectivos con outras persoas.
Empatía: capacidade de poñerse no lugar do outro e entendelo.
Asertividade: capacidade de defender os teus propios e opinións sen molestar aos demais.
Cooperación: Capacidade de colaborar cos demais para lograr un obxectivo común.
Autocontrol: capacidade de interpretar as crenzas, desexos e sentimentos propios e controlar os impulsos.
Comprensión de situacións: capacidade para entender as desigualdades sociais e non tomalas como algo persoal, ou culparse de determinadas cousas, pero sempre podemos poñer o noso gran de area para axudar.
Resolución de conflitos: é a capacidade para interpretar un conflito e sacar alternativas de solución ao mesmo.

Se premedes neste enlace

https://elparquedelasemociones.com/recursos-educativos/ensenar-habilidades-sociales-con-cortos/ podedes visualizar 8 curtas para reflexionar cos vosos fillos sobre os valores que se promoven en cada un deles. En cada curta hai preguntas que vos poden ser útiles.

Veredes que chulos!

(Este post e orixinariamente do blog del Profe Juan).

luns, 25 de maio de 2020

As palabras encadeadas

Imos a presentarvos agora varias versións do coñecido "xogo das palabras encadeadas”. Con el traballarase a conciencia fonolóxica, o vocabulario e a memoria dos/as nenos/as.

Tal e como o seu nome indica, trátase de ir encadeando palabras, collendo a última sílaba da anterior, para comezar a seguinte, por exemplo:

 Agora imos a darvos varias opcións:

1. A primeira delas é unha actividade con imaxes de Orientación Andújar.




2. A mesma autora, apórtanos unha actividade onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. A seguinte, na que deberán escribir a palabra que falta no cadro.



4. A cuarta, empregando tamén diversas imaxes. Neste caso deberán recortar os taboleiro de cores enteiros, e despois cada unha das imaxes. Sería recomendable, para comezar, ir facendo páxina a páxina. Aportámosvos unha versión en galego e outra en castelán.





 5. Ofrecémosvos tamén un vínculo coa páxina de SoyVisual.org onde podedes descargar dez archivos en formato interactivo para identificar tanto a sílaba inicial como final a través do xogo das palabras encadeadas. Os autores son Patricia González Núñez, Ana Isabel Montes Castillo e Belinda Haro.


 6. Por último, despois de practicar todas estas versión con imaxes e palabra, en formato papel e aplicación interactiva, podedes ensinarlles aos vosos fillos e fillas a versión oral do xogo.

Nesta, con dous ou máis xogadores, establécese unha quenda de xogo. O primeiro di unha palabra calquera, e o seguinte debe dicir unha palabra que comece coa sílaba última da anterior.

Como únicas normas, non se repiten as palabras xa anteriormente ditas, e non se permite o emprego de palabras cuxa última sílaba resulte imposible para o outro á hora de formar unha nova palabra.

Así que animádevos e… a xogar!

xoves, 21 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!


Agora que o estado de confinamento nos permite saír mais da casa. Podemos camiñar cos nosos fillos e ao mesmo tempo facer xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas!

ADIVIÑA ADIVIÑANZA
Pídelle ao teu fillo que pense nun número do 1 ata o 30 e inténtao adiviñar preguntándolle si é par ou impar, si é menor de 10, si está entre o 5 e o 10. Cando o acertes, podedes cambiar os papeis, pídelle que adiviñe o número que estás ti pensando.

EXPLOTAR  POMPAS DE XABÓN
Esta actividade divertida pódese practicar ao aire libre. Pídelle ao teu fillo que conte o números de pompas que  fas e cantas son capaces de explotar. Aumenta a dificultade pedíndolle que adiviñe o número de pompas que se formarán e cantas se conseguirán estoupar.

XA CHEGAMOS?
Cantas veces os nosos fillos nos preguntan, chegamos xa? Canto falta? Cando saiades a dar un paseo podedes facer esta divertida actividade. Pídelle que adiviñen canto se tarda en chegar a un determinado sitio e despois que calculen canto tempo se tardou realmente cun temporizador ou un cronómetro. Desta maneira, descubrirán o exactos que foron.

CANTO MIDE?
Cunha regra e varios obxectos pequenos, pídelle o teu fillo que che diga canto miden. Anota a resposta cun lapis e papel. Cando terminedes, proponlle que comparen a medida de cada obxecto.

Tamén podedes buscar un sitio na casa onde poidas medir ao teu fillo e cada certo tempo ver o que vai medrando. 



Espero que vos gusten!

mércores, 20 de maio de 2020

As familias de palabras

As familias de palabras, ou familias léxicas, son aquelas palabras que comparten a mesma raíz ou lexema, e que polo tanto, teñen certa relación de significado.
Parten dunha palabra primitiva, que é unha palabra que non procede doutra, e de palabras derivadas, formadas a partir desta primeira, coa mesma raíz e cun significado relacionado coa primeira. 
E, por suposto, as familias de palabras son un excelente recurso para traballar o vocabulario e o razoamento verbal.
Agora imos a amosarvos unha serie de actividades acerca das familias de palabras:

  1.  María Olivares presenta unha actividade onde se deberán formar tres palabras derivadas a partir dunha palabra primitiva.


2. A mesma autora, apórtanos unha actividades onde os/as vosos/as nenos/as deberán identificar a palabra intrusa que se colou en cada unha destas familias de palabras.


3. Por outra banda, queremos compartir con vós un fantástico material que elaborou Ana Álvarez de @teachingtachan "el juego de las familias de palabras”.

luns, 18 de maio de 2020

Numeración

A numeración é a consecución dun número tras outro. De moi pequenos comezamos a ter contacto cos números cando aprendemos a representar os nosos anos cos dedos das mans, cando contamos dous ollos, dúas orellas, un nariz e unha boca, ...
É importante que a medida que aprendemos a contar, establezamos unha relación entre a grafía de cada número e a cantidade que este representa. Esta será unha das bases máis importantes para a aprendizaxe das matemáticas.

Neste sentido vos amoso dous dos primeiros materiais que realicei para a aula de PT, podedes imprimilos, recortalos e plastificalos se queredes que vos aguanten máis tempo.   
  • Crebacabezas número – cantidade, pódese traballar a modo de crebacabezas recortando pola liña descontinua.
  • Número – cantidade, cada tarxeta ten un número do 1 ao 10, haberá que colocar tantos garavanzos, pompóns, ..., como indique o número da tarxeta.                       
                                 

Dun xeito máis caseiro, con pinzas de tender a roupa, ademais pódese traballar a motricidade fina; colleremos un cartón ou algún papel que teñamos pola casa, escribiremos un número e haberá que colocar tantas pinzas como o número nos indique. 

Tamén, se tedes un cartón de ovos, podedes pintar un número en cada oco co fin de colocar tantos elementos dentro como indica o número aí escrito. Podedes traballar con garavanzos, pompóns, boliñas de plastilina, lentellas, ... calquera cousiña que atopedes na casa.
 
Outra opción é empregar vasiños de iogur. Cada vaso terá un número pintado, e dentro haberá que colocar paliños de polo, palliñas, calquera elemento que sirva para cuantificar.

Agardo que contedes moito...!

venres, 15 de maio de 2020

Hora de ler!


Ler é fundamental para as nosas vidas, posto que a lectura nos facilita o entendemento e o coñecemento. É por iso que é tan importante fomentala dende idades temperás. O noso papel como pais e mestres é fundamental para crear o hábito lector e desenvolver un pensamento crítico nos nosos rapaces.

Aquí vos deixamos 7 consellos á hora de ler contos aos peques da casa.
1.- Elixe o momento e o lugar axeitado.
Toda actividade ten o seu lugar e o seu momento, e os peques da casa deben saber identificalos como tal. Ao igual que identifican a hora do baño, a hora de comer ou a hora de durmir. Por elo faise necesario crear unha rutina diaria. Pero atención, tamén é importante ser flexibles con ela. Non sempre os nen@s van ter a mesma predisposición para a lectura, polo que non hai que obrigalos á hora do conto, se un día non lle apetece. Como dicía Jorge Luis Borges “el verbo ler, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta “ el modo imperativo”.
2.- Elixe historias curtas e ilustradas.
Os contos curtos e ilustrados son mellores para os peques por varios motivos, non requiren moito tempo de concentración na mesma actividade e poden seguir a historia a través da ilustración do libro. Algo interesante para involucrar os peques, é deixarlles a eles que elixan a historia que queiran escoitar, isto faralles sentir importantes.
3.- Non teñas presa e goza do momento.
O ritmo de vida que levamos, no pode deixar sen tempo para prestar a atención necesaria a certas necesidades. Unha delas é o disfrute e acompañamento na lectura dos nosos pequenos na casa. Somos un pilar para eles e non podemos faiarlles no fomento da lectura dende moi pequeniños.
4.- Non leas, interpreta e cóntalles un conto.
Estamos acostumado a ler para nos mesmos. Esa lectura a miúdo soe ser lineal, rápida e case sen entoación. Ler en voz alta aos peques require de algo máis de esforzo e interpretación pola nosa parte. Habería que facer o paso de ler un conto, a contar e interpretar un conto.
5.- Déixalle que interactúen co libro e participen coa historia.
A actitude dos peques ante a hora do conto non debe ser estática. Non son simples oíntes dunha historia, senón que son protagonistas da mesma. Hai que conseguir un clima de participación. Converter ese momento nun xogo divertido no que ambos gocedes e o pasedes xenial.
6.-Repite as palabras e explica todo o que non entendan.
Ao igual que nos lles facemos preguntas, tamén debemos ter en conta que eles nos van a preguntar. É normal que non entendan todas as palabras que lles dicimos ou que non entenden a historia en si mesma, é por elo polo que é importante explicarlles coas nosas palabras que quere dicir cada momento.
7.- Mantén as súas historias favoritas en rotación.
Como a todos nos pasa os peques tamén teñen os seus contos e historias favoritas. Para elo é importante que os nenos repitan os contos que lles gustan. Incluso cientificamente está demostrado que ler as mesmas historias unha e outra vez aumenta a capacidade do neno para recordar e reter palabras.

Se premedes neste enlace http://paracantarecontar.blogspot.com/ veredes un montón de contos para ver e ler. (Unitaria de Vide).

A divertirse!

xoves, 14 de maio de 2020

Atopar os absurdos

Atopar os absurdos é unha actividade para encontrar erros ou incoherencias en frases, textos ou imaxes. Serve para traballar tanto a expresión oral coma o razoamento verbal e o vocabulario.

1- Presentámosvos agora unhas láminas sacadas da páxina de mírameyaprenderás.wordpress.com. Nelas aparecen unha serie de absurdos visuais, con escenas e personaxes que non deberían aparecer e que están totalmente fóra de lugar. Os/As nenos/as deberán localizalas e verbalizalas en forma de oración. Podedes axudalos/as guiando un pouco a conversa con axuda de preguntas abertas, nunca de si/non.


A continuación propoñémosvos unha serie de actividades para traballar os absurdos verbais, recompiladas da páxina de Orientación Andújar.
2- Nesta os/as nenos/as deberán averiguar a parte incorrecta de cada oración despois de lela, e dicir o que hai que cambiar.

3- Nestoutra terán que identificar os absurdos dentro das oracións das tarxetas.


4- Estas foron creadas por María Olivares:


5- A última actividade, na que teñen que identificar os absurdos dentro destas oracións:

mércores, 13 de maio de 2020

Autocontrol

A TÉCNICA DA TARTARUGA


A técnica da tartaruga é un método de autocontrol para condutas impulsivas que teñen lugar en algún momento determinado.

Só necesitas ter unha tartaruga de xoguete.

É unha técnica que usando o símil da tartaruga como animal que se esconde cando se sente ameazado, logra que o neno cando se ve afectado por unha conduta disruptiva, pase do momento impulsivo á relaxación e a calma, podendo só así, tomar unha solución adecuada baseada na reflexión.
Desta maneira, o neno imaxínase dentro dunha cuncha imaxinaria na que pode respirar tranquilamente para lograr calmarse.

Cales son os pasos a seguir?:
1.- Recoñece as súas emocións? Só sabendo a emoción que estamos vivindo podemos ser capaces de controlala. Estou enfadado?, estou rabioso?, triste?, teño medo?.
2.-Pensa e para.
3.-Métete na túa cuncha e respira.
4.-Sal da túa cuncha e pensa unha solución.
Aquí vos deixamos o enlace, recollido do blog rincón de una maestra.
Resultáravos moi útil!

venres, 8 de maio de 2020

Xogo:¡Arriba el lápiz!

Presentámosvos un xogo para xogar en familia.
Consiste en pensar e escribir palabras que comecen por unha letra determinada das diferentes categorías que están postas no taboleiro. Neste caso: nomes, cores, animais, comida e obxectos.
O primeiro que remate de escribir todas as palabras ten que dicir:”¡Arriba el lápiz!” e os demáis deberán parar de escribir.
A continuación contaranse todas as palabras escritas e cada unha sumará un punto. Ao final das partidas farase reconto dos puntos dos xogadores e gañará o que teña máis!

Para xogar soamente teredes que imprimir un taboleiro creado por Ana Micol Gracia para Arasaac por cada participante.
Apórtanse o taboleiro e as instrucións.


mércores, 6 de maio de 2020

Analoxías

A continuación imos a presentarvos varias actividades con analoxías.
As analoxías consisten en comparar ou relacionar conceptos, obxectos ou experiencias, tendo en conta as súas características.
Nos nenos xeneran a  capacidade de razoamento lóxico, solución de problemas e ampliación de vocabulario.
Neste caso, centrarémonos nas analoxías lingüísticas.

1-Cristina González Otto na súa web con derecho a volar. com, preséntanos  unha serie de analoxías, ou relacións de semellanza entre distintos elementos.


2- Na páxina de Orientación Andújar atopamos estas sencillas actividades de analoxías para os máis pequenos.

3-Por outra banda aportámosvos agora unha serie de frases con analoxías, que ademáis traballan a comprensión lectora. Están sacadas da páxina de Orientación Andújar e foron elaboradas por María Olivares. Os nenos/as deberán completar as oracións, de forma que estas teñan sentido.

4-Compartimos tamén con vós estas de de Mª Carmen Pérez, autora de aulapt.com, realizadas con pictogramas de Arasaac, que traballan a comprensión lectora de frases.


5- Por último, amosámosvos este xogo online que nos presenta a http://www.aprenderjuntos.cl/ que pode resultarvos interesante. Entrade ao enlace e buscade “Analogías Verbales”. Que o/a voso/a fillo/a complete as analoxías elexindo a alternativa correcta. Para elo debe empregar os números do teclado.

MOTRICIDADE

ACTIVIDADES CASEIRAS COS TAPÓNS DO LEITE

Cun material tan caseiro, podemos elaborar un taboleiro co que faremos distintas actividades. Deste xeito traballaremos a psicomotricidade fina ao mesmo tempo que os números, as letras, as cores...etc....




PUZLE CON PEZAS                   CAIXAS DE ENCAIXABLES
                                        Para traballar a motricidade
Para traballar a xeometría                                                                
e a lóxica con nenos pequenos.      









XEOMETRÍA
Quebracabezas. Ideal para traballar as figuras xeométricas así como a motricidade. 

        PINZAS DE CORES


Podemos  elaborala moi facilmente, soamente temos que ter unhas pinzas de cores, ou no seu caso, pintalas se son de madeira. Ademais de traballar as cores, tamén traballamos a motricidade fina



TULIPÁNS CON CARTÓN E LÁ.
Esta técnica favorece a motricidade fina e a destreza nos movementos manuais.
O primeiro que faremos e cortar o cartón da forma que queiramos ( flores, animais, estrelas, lúas,...).
Agora enrolamos a lá no cartón e dámoslle voltas, hasta que quede un pouco tupido.
Por último pégase o final da lá, preferiblemente con cola branca. Deixamos secar para logo colocar un depresor de madeira ou un pau.
Se non temos lá, outra opción para usar poden ser cordóns de cores, cintas...

BANDEXAS DE SAL                   
              









A divertirse!

venres, 1 de maio de 2020

Habilidades sociais


As historias sociais axúdannos a entender intencións alleas, ou situacións que a algúns nenos lles crean bastantes dificultades para desenvolver unha conduta social adecuada.
Créanse xeralmente con debuxos, a modo de guións ou instrucións sociais que lles axudarán a comprender situacións, reaccións propias e alleas, pasos a seguir para alcanzar un obxectivo, para o recoñecemento das súas emocións e as do resto das persoas que o rodean.
Se premedes no enlace veredes 25 escenas visuais que podedes facer cos vosos fillos. 
https://drive.google.com/drive/u/0/folders/1Q3_ZbV_faxAgG-84aNbvw436ymjow6Kh

Tarxetas de Habilidades sociais:

Aquí vos deixamos unhas  tarxetas moi interesantes de control de condutas.


Son tarxetas nas que, partindo de situacións cotiás, preséntase dúas formas de actuar, e terán que elixir a que consideren mais axeitada.

Por exemplo, se cometo un erro e fago algo que non está ben, que fago? Pido perdón ou sigo berrando.


Podedes usar pinzas ou cun simple rotulador, rodear a opción correcta.

Autora do material: Sandra López Torre con pictogramas de Arassac.


Preme no enlace