Traductor

venres, 5 de xuño de 2020

Matemáticas divertidas!


SUMÓN é un divertido xogo de cálculo mental, para traballar dende os primeiros cursos de primaria. Este xogo consiste en sumar cifras que aparecen na pantalla ata chegar ao número indicado. As ideas básicas son: canto máis bloques uses mellor, e canto máis separados estean, mellor que mellor.

Preme no enlace.



MATECITOS é unha ferramenta interactiva e lúdica con personaxes moi divertidos para nenos/as de primaria. Só tes que seleccionar o curso no que queiras xogar. As actividades que propoñen van dirixidas a nenos/as dende primeiro ata quinto curso.

Preme no enlace.


Verás que divertido!

xoves, 4 de xuño de 2020

Historia Social: Evitar o contaxio

Cada vez temos máis próxima a “nova normalidade”, pero non debemos esquecer que aínda a Covid19 segue en circulación.
A imaxe que hoxe vos compartimos é unha historia social atopada en ARASAAC e adaptada ao galego. Axúdanos a visualizar os pasos que debemos facer ao volver ás nosas casas, coa finalidade de seguir evitando o contaxio.


Seguro que en cada fogar temos as nosas medidas particulares, pero sirva esta imaxe de exemplo, quedando á vosa disposición se queredes que se vos modifique de xeito máis individual, para o que necesitaríamos coñecer as vosas medidas: que facedes cos zapatos, onde colocades a roupa, ...

Agardamos que vos sexa de gran utilidade!

martes, 2 de xuño de 2020

Educación emocional

 VOCABULARIO EMOCIONAL           

Ficha interactiva, con audio incluído, creada por Fran Villaécija, no seu blog Educar es llegar al corazón, e recollida no blog aula pt. Esta ficha quere poñernos a proba no noso vocabulario emocional.  
O neno/a deberá escoitar o audio de cada letra e escribir no recadro a palabra que describe.
Para ver a actividade, preme no enlace.


A EMPATÍA

A empatía é a capacidade de poñerse no lugar do outro e comprender o que sente, algo que pode traballarse  e desenvolverse. Adquirila axudará ao teu fillo a relacionarse cos demais e a desenvolverse mellor no ámbito escolar, familiar e persoal.
Como se explica no artigo "Por que quiero que mis hijos aprendan empatía en vez de chino". Os nenos empáticos obteñen múltiples vantaxes que lles axudan no centro escolar e fóra del. Unha boa empatía:
-Mellora a percepción das persoas e situacións que nos rodean.
-Exercita as habilidades sociais e a capacidade de interactuar.
-Contribúe ao desenvolvemento emocional.
-Potencia o autocoñecemento e a autoestima.
-Traballa a capacidade de escoitar e o liderazgo.

O dinosaurio de Daniel é un recurso que utiliza un conto para aprender a poñerse na pel de outra persoa e intentar percibir os sentimentos e emocións dos demais.

Preme no enlace, verás que interesante!

luns, 1 de xuño de 2020

Dados máxicos para contar historias

Os dados ou cubos máxicos para contar historias ou Story cubes son un recurso moi interesante empregado para fomentar a creatividade, a memoria, o vocabulario, a expresión oral e escrita.
Normalmente aos nosos nenos e nenas encántalles escoitar contos e tamén inventalos, co cal podemos empregar dende xogos de dados comercializados, ata este outro tipo de ideas que podedes realizar nas vosas casas, que vos ofrecemos a continuación.

Imos a clasificar os dados deste xeito:
  • Dados con imaxes: Empréganse para comezar a crear contos con nenos/as pequenos/as. Conteñen personaxes, lugares, obxectos, medios de transporte, ...





  •  Dados con texto: Para inventar contos máis elaborados con nenos/as máis maiores. Conteñen protagonistas variados, lugares, épocas, accións ou situacións, obxectos máxicos e preguntas.



COMO SE FAN OS DADOS?

Para poder contar as historias o ideal sería que imprimirades varios dados diferentes, por exemplo, un dado de personaxes, outro de lugares, outro de obxectos, outro de medios de transporte,…
No caso dos dados de imaxes, os/as vosos/as nenos/as poderán pintalos das cores que máis lles gusten. 
Unha vez impresos os dados, se queredes podedes poñerlles forro adhesivo para que teñan unha maior duración.
Despois deberán recortalos coa vosa axuda, doblar as solapas, botarlles pegamento, pegalos e deixalos secar.
Aquí vos ofrecemos un vídeo elaborado por El Lapicero Mágico, no que vos explica paso a paso todo o proceso.


COMO SE XOGA?
A forma de proceder será a seguinte. Segundo o número de xogadores establecerase a quenda de xogo. O primeiro xogador tira un dado de  personaxes e outro de lugares, por exemplo, comeza dicindo un principio, e ten que ir inventando o conto incluíndo a ese personaxe que saiu na tirada no lugar correspondente.
O seguinte xogador tira un dado de obxectos e continúa o conto onde o deixou o primeiro.
O terceiro xogador tira un dado de medios de transporte e avanza no conto, e así sucesivamente…
Por último, aportámosvos uns anexos con posibles comezos e finais diferentes para as vosas historias.




Que contedes moitos contos!

“Si queremos enseñar a pensar, debemos antes enseñar a inventar”- Gianni Rodari

venres, 29 de maio de 2020

Matemáticas divertidas!

XOGOS MATEMÁTICOS PARA OS MÁIS MAIORES!


Esta nova entrada do blog, pretende que pasedes un rato divertido con diferentes xogos matemáticos.

Aquí van algunhas ideas! 



Sabueso rétache a unha carreira de calculo mental. Gaña quen chega antes á meta. Atréveste?




Divertido xogo de ciencias. Elixe os xogadores, a cor da vosa ficha, tira o dado e contesta ben as preguntas. Moita sorte!



Por último, se premedes no enlace veredes un divertido xogo de fraccións.









Animádevos a xogar!

xoves, 28 de maio de 2020

Hora de cociñar!- 2

Imos a ofrecervos unha segunda entrega destas receitas sinxelas creadas por Iván González Carro, coa axuda dos pictogramas de Arasaac, para que as poidades realizar de forma conxunta cos vosos fillos e fillas.

Poderedes empregar este momento en familia para traballar cos/as vosos/as fillos/as a linguaxe oral e o vocabulario a medida que ides facendo a receita.
RECEITAS SALGADAS
1.   Tortilla francesa.
2.   Lasaña.
3.   Pan Pizza.

RECEITAS DOCES
4.   Macedonia de frutas.
5.   Galletas de chocolate.
6.   Palmeritas.

Desfrutade moito do proceso e do resultado!

martes, 26 de maio de 2020

Habilidades sociais


As Habilidades Sociais son unhas das aprendizaxes mais importantes a ter en conta nos nosos cativos, posto que son un conxunto de condutas que nos van a permitir desenvolvernos eficazmente ante situacións sociais, podendo establecer relacións axeitadas con outros e resolver conflitos e para o autocontrol emocional.

Podedes premer neste enlace https://www.educapeques.com/escuela-de-padres/habilidades-sociales-educar-para-las-relaciones-sociales.html onde tendes un bo artigo titulado “ habilidades sociales: Educar para las relaciones sociales” no que destacan como habilidades sociais básicas:

Apego: capacidade de establecer lazos afectivos con outras persoas.
Empatía: capacidade de poñerse no lugar do outro e entendelo.
Asertividade: capacidade de defender os teus propios e opinións sen molestar aos demais.
Cooperación: Capacidade de colaborar cos demais para lograr un obxectivo común.
Autocontrol: capacidade de interpretar as crenzas, desexos e sentimentos propios e controlar os impulsos.
Comprensión de situacións: capacidade para entender as desigualdades sociais e non tomalas como algo persoal, ou culparse de determinadas cousas, pero sempre podemos poñer o noso gran de area para axudar.
Resolución de conflitos: é a capacidade para interpretar un conflito e sacar alternativas de solución ao mesmo.

Se premedes neste enlace

https://elparquedelasemociones.com/recursos-educativos/ensenar-habilidades-sociales-con-cortos/ podedes visualizar 8 curtas para reflexionar cos vosos fillos sobre os valores que se promoven en cada un deles. En cada curta hai preguntas que vos poden ser útiles.

Veredes que chulos!

(Este post e orixinariamente do blog del Profe Juan).